Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 24 de enero de 2019 | Leída 40 veces
ARTEIXO

O teatro infantil regresa a Arteixo con Elefante Elegante

Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e mesturas, pero sempre divertidos...

[Img #47580]

 

Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos. PATAPATÚM propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos.

 

Elefante Elegante traerá ao Auditorio de Arteixo o próximo venres 25 de xaneiro ás 19:00 h o seu novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada na música dixie, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá.

 

A compañía, de orixe galego-portuguesa, foi creada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro e ten a súa sede na Coruña. Os seus espectáculos teñen sido acollidos en Galicia, Portugal, Bélxica, Suiza, Francia e Italia.

 

As entradas pódense mercar o venres 25 de xaneiro en horario de 11:30 a 13:30 h ou 1 h antes da función na Billeteira do CCC de Arteixo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress