Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 23 de enero de 2019 | Leída 18 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña organiza unha feira e un programa de encontros con artistas do mundo da ilustración

Do 25 ao 27 de xaneiro a Sede de Afundación de Santiago de Compostela acolle actividades arredor da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea...

[Img #47575]

 

Artistas, público, editoriais, institucións e librarías daranse cita a vindeira fin de semana na Feira de Edición e Libro Ilustrado (FëLiiC) e os encontros Open Miic que a Deputación da Coruña organiza como actividades paralelas á Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea que está aberta na sede de Afundación, Obra Social Abanca, de Santiago de Compostela . Neste mesmo espazo tivo lugar esta mañá a presentación do programa coa presenza da vicepresidenta da Deputación e deputada de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, a comisaria Matilde Rodríguez e a responsábel da sede de Afundación, Ana Salgado.

 

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, destacou que tanto a feira como o encontro facilitarán "xuntar no mesmo espazo artistas e público, algo que non acontece habitualmente" e destacou a vontade de "facer visíbel" a autoría da ilustración, o que poucas veces acontece.

 

Desta maneira, tanto a feira como encontros facilitará que algúns dos nomes fundamentais da ilustración e a banda deseñada como son María Hesse, Helena Pérez García, Luísa Rivera, Malota, Bestiola e a gañadora e gañador dos Premios Castelao da Deputación da Coruña, Eva Lema e Oliver Añón falen do seu traballo e conversen co público ao que convidan a asistir a estes dous eventos que terán lugar na planta baixa de Afundación.

 

"Resultaría moi raro que alguén merque un libro sen saber quen o escribiu ou unha editorial faga unha publicación sen destacar o nome da autora ou autor do texto literario. En cambio, no caso da ilustración, autores e autoras aínda teñen que esixir a súa presenza, recuperar o seu espazo de autoría, e este é tamén un obxectivo destas iniciativas", destacou Goretti Sanmartín Rei que participará na Feira nunha mesa redonda arredor do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, con Bea Lema e Oliver Añón, que gañaron as últimas edicións da convocatoria. Así mesmo, Goretti Sanmartín destacou a participación de tres librarías na Feira -Númax, Lila de Lilith e Pedreira- que participarán no programa canda outras iniciativas editoriais e culturais arredor do libro ilustrado.

 

Pola súa parte, a coordinadora Matilde Rodríguez, organizadora tamén da mostra que chega agora a súa segunda edición, destacou o alto nivel e o interese de artistas e propostas que participarán tanto nos encontros como nas mesas redondas  da feira. Destacou tamén o alto número de mulleres que, como Malota ou Anair Rodríguez, falarán das distintas propostas da edición de libro ilustrado desde o feminismo. Matilde Rodríguez convidou a participar nas actividades que achegarán as obras na palabra das súas autoras. "Será unha boa oportunidade para atoparse coas artistas e que sexan elas quen nos acheguen a súa propia obra", explicou.

 

No acto interveu tamén a coordinadora da Sede en Santiago de Afundación, a Obra Social ABANCA, Ana Salgado, que destacou o interese que está a despertar a exposición que xa foi vista por máis de 2.800 visitantes e agardou éxito tamén para os encontros que se celebrarán na planta baixa do edificio situado na Rúa do Vilar de Santiago de Compostela.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress