Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 22 de enero de 2019 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña apoia a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema

Goretti Sanmartín expón o compromiso da Deputación da Coruña co sector audiovisual nunha xornada coa directiva de Proxecta...

[Img #47568]

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, reuniuse con Ana Estévez e Pela del Álamo da directiva da Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, Proxecta, e expúxolles o decidido apoio ao sector audiovisual e aos festivais, en especial, a través das liñas de axuda en concorrencia competitiva que están agora abertas.

 

Goretti Sanmartín parabenizou a Ana Estévez e Pela del Álamo por se organizar e ter entidade representativa nunha xuntanza en que se barallaron distintas vías de colaboración.

 

De maneira especial, Goretti Sanmartín referiuse na reunión coa directiva de Proxecta ás dúas liñas de axuda a festivais das que están abertos os prazos de presentación ás que a Deputación da Coruña destina un millón de euros. "Decidimos apoiar de maneira decidida os festivais tanto organizados por entidades como por concellos e, nese sentido, nos últimos anos a Deputación da Coruña púxose á fronte das institucións que contribúen á organización destes eventos que son, ao noso ver, fundamentais para a difusión da produción cultural e, de maneira especial, a audiovisual galega", explicou Goretti Sanmartín Rei na reunión con Ana Estévez e Pela del Álamo que tivo lugar na sede institucional da Coruña.

 

A Deputación da Coruña apoiou na anterior edición o festivais Cineuropa, Curtocircuíto,  Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, Cinema Crianza de Ames, Carballo Inteplay, Mares da Fin do mundo de Carnota, Mostra de curtametraxes Vila de Noia, Chanfaina Lab de San Sadurniño, Festival de Cinema Premios Fouciño de Zas, Mostra Internacional de Cinema Periférico S8 e Festival de Cinema Fantástico da Coruña. En total, doce festivais dos que seis están integrados en Proxecta, o que supón máis da metade dos asociados na Coordinadora Galega de Festivais de Cinema. Do millón de euros que a Deputación dedica ao apoio a festivais, un total de 350.000 tiveron como destino eventos do sector audiovisual.

 

Así mesmo, Goretti Sanmartín referiuse na xuntanza á outras liña de axudas do sector audiovisual que supuxeron o pasado ano máis de 600.000 euros en axudas desde o convenio coa Academia Galega do Audiovisual, apoio a distribución de novas películas como Trote de Xacio Baño, axuda á produción de longametraxes como Arima de Jaione Camborda ademais de fortalecemento de programas como Visións da Rede Cultural.

 

"Fixemos un esforzo importante centrado de maneira especial na distribución, desde o programa Visións da Rede Cultural, a nova liña de distribución de producións galegas ou o apoio decidido a festivais que supoñen varias vías de colaboración que contribúen á que os contidos audiovisuais abran novas canles de encontro co público", destaca Goretti Sanmartín que mostrou o seu apoio á recente creación de Proxecta.

 

O apoio ao sector audiovisual viuse fortalecido de maneira especial coa convocatoria por vez primeira o pasado ano da liña de axudas a distribución audiovisual en galego e proxectos culturais singulares da que se beneficiaron para o desenvolvemento de longametraxes como Arima de Jaione Camborda, De Mudanza. A historia das persoas de I.G. Documentación, O dentón de Illa Bufarda, As tres caídas de María Santiso de Roberto Rodríguez ouUrsúas de Laura Villaverde para os que se destinan máis de 50.000 €.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress