Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 20 de enero de 2019 | Leída 14 veces

Formalizado o contrato de construción do viveiro de empresas municipal que se levantará no polígono industrial

Na marxe esquerda do acceso principal ao parque empresarial. O proxecto será executado por Innova Desarrollos S.L. Está valorado en 395.000 e será cofinanciado entre o Concelo da Laracha e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia...

[Img #47561]O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e os responsables da construtora Innova Desarrollos S.L. formalizaron o contrato de execución do proxecto de creación no polígono industrial do edificio que será o viveiro de empresas municipal. Despois deste trámite administrativo, nos próximos días estarase en disposición de iniciar as obras.

 

Este novo inmoble será levantado nun ámbito privilexiado como é a marxe esquerda do acceso principal ao parque empresarial, nunha parcela de titularidade municipal ben comunicada e que está cualificada no Plan Xeral de Ordenación Municipal para albergar equipamentos. A súa superficie construída ascende a 613,55 metros cadrados, nos que serán habilitados catro despachos e catro naves, ademais de servizos xerais como un vestíbulo recepción, aseos, vestiarios, sala de reunións, aula polivalente e dous patios interiores abertos. O edificio estará estruturado en dúas zonas e cada unha delas poderá empregarse de xeito independente.

 

O orzamento do proxecto ascende a 395.000 euros. Para o seu cofinanciamento, o Concello da Laracha conta coa colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que achegará 240.000 euros. Os 155.000 euros restantes procederán de fondos municipais.

 

O viveiro de empresas do Concello da Laracha conformará un espazo físico construído para favorecer o nacemento de novas sociedades de carácter industrial, ofrecéndolles aos emprendedores as condicións e servizos precisos, por un tempo limitado, para a implantación inicial e a consolidación. Deste xeito o Concello apoiará as iniciativas empresariais que contribúan á dinamización industrial, á promoción económica e á creación de emprego no municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress