Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 20 de enero de 2019 | Leída 17 veces

O Concello da Laracha eliminou máis de 300 niños de velutinas en 2018

As actuacións foron realizadas por operarios municipais e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. As parroquias de interior son as máis afectadas. No caso de detectarse un niño, debe darse aviso chamando ao 012...

No Concello da Laracha desenvolveuse en 2018 unha intensa actividade para combater a expansión polo termo municipal da avespa asiática (vespa velutina).

 

No ano recentemente finalizado foron eliminados máis de trescentos niños nunha campaña na que se diferencian tres fases. A primeira delas abrangueu desde xaneiro ata finais de maio, onde a actividade se centrou fundamentalmente na retirada de niños primarios. A segunda corresponde á época estival, na que comezaron a aumentar os avisos por presenza de niños principalmente a baixa altura (interior de valados de fincas, alpendres, tellados, fachadas de vivendas e árbores de pequenas dimensións). A terceira fase foi o momento de maior actividade coincidindo co final do verán e as primeiras semanas do outono (setembro, outubro e novembro). Neste último caso os niños detectáronse principalmente en altura e, ao tratarse da época de cría de novas raíñas, a súa eliminación cobra aínda unha maior importancia para reducir o xurdimento de novas colonias durante a próxima primavera.

 

Aínda que todas as parroquias de interior están afectadas pola vespa velutina, rexistrouse unha maior presenza en Coiro, Soandres e Erboedo. A incidencia é escasa na parroquia costeira de Caión e tamén nos núcleos urbanos da Laracha e de Paiosaco e o seu entorno.

 

Todas as actuacións de eliminación de niños de avespa asiática no Concello da Laracha están a ser desenvolvidas por operarios municipais e tamén pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

 

A colaboración cidadá é imprescindible para que as administracións poidan coñecer o emprazamento dos niños e actuar para retiralos. No caso de que unha persoa detecte un, debe dar o aviso á Xunta de Galicia chamando ao teléfono 012.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress