Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 19 de enero de 2019 | Leída 11 veces

Cinco empresas da comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiaranse das axudas de transformación de produtos agroalimentarios

Ovidio Rodeiro destacou que estas axudas permiten ás empresas medrar e aumentar a súa capacidade produtiva para ser máis competitivas. O sector dos proxectos relacionados coa alimentación animal é o máis beneficiado ao facerse con tres das cinco axudas concedidas...

[Img #47560]

 

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo balance, onte pola mañá, das axudas da Consellería de Medio Rural para a comarca de Bergantiños-Costa da Morte para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

 

O representante do goberno autonómico informou destas axudas durante á visita á empresa Agrosoneira SL. beneficiada por esta orde de axudas cunha achega de 43.673 euros que permitirá mobilizar un investimento de 174.694 euros para levar a cabo melloras tecnolóxicas na súa fábrica de produción e comercialización de pensos para animais de granxa.

 

Grazas a esta axuda da Xunta esta empresa levou a cabo a instalación de 6 silos para acopio de materias primas para aumentar a capacidade de almacenamento. Con este investimento incrementarase a capacidade de produción e permitirá ter sempre dispoñible materias primas para poder atender maior demanda. A instalación dos novos novos silos de almacenamento requeriu investimento en instalación eléctrica e automatismos para controlar os mecanismos da nova instalación (transportadores, niveis máximos e mínimos, caixas e roscas de enchido e baleirado).

 

As axudas consisten en subvencións a fondo perdido para realizar investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas na comunidade destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Neste senso, Ovidio Rodeiro destacou “o importante deste tipo de axudas é que van encamiñadas a facer que as nosas empresas do rural amplíen a súa capacidade produtiva e sexan moito máis competitivas”. O delegado territorial puntualizou que “estas axudas son unha gran oportunidade para que as nosas empresas poidan seguir medrando e mellorando as súas instalacións, unha peza clave para garantir o seu futuro”.

 

O delegado territorial informou que xa se pechou a convocatoria deste ano 2018 na que 33 empresas de toda a provincia da Coruña recibirán axudas por valor de 9,25M€ ,que suporán un investimento de 26,3 M€.

 

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte serán cinco as empresas beneficiadas por estas axudas nos concellos de Carballo, Cerceda, A Laracha e Vimianzo e recibirán 1,2M€ e mobilizarán 3,7 M€ .

 

Por áreas, nesta comarca destacan 3 proxectos relacionados coa alimentación animal cun investimento de 2,5 M€ e unha axuda de 873.000 euros. As outras dúas iniciativas beneficiadas por esta orde de axudas teñen que ver coa alimentación humana e máis concretamente cos produtos de horta. Ambos proxectos recibirán achegas por valor de 400.000 euros e mobilizarán un total de 1,1M€.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress