Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 18 de enero de 2019 | Leída 16 veces
ARTEIXO

Teatro e maxia son as propostas culturais desta semana

Hoxe venres 18 de xaneiro ás 19:00 h a compañía pontevedresa Aporía Escénica visitará o por primeira vez o Auditorio de Arteixo cun espectáculo que mestura teatro e monicreques para público infantil a partires de 6 anos...

[Img #47556]

 

Animal sagrado, dirixido pola tamén actriz Diana Mera, procura traer á actualidade ese amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: O gato en Exipto, o elefante en África e os peixes koi en Xapón.

 

Preténdese, desta maneira, establecer un nexo de unión entre o pasado e o presente, un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.

 

As entradas pódense mercar en horario de 11:30 a 13:30 h ou 1 h antes da función na Billeteira do CCC de Arteixo.

 

Tamén mañá os espectadores do Auditorio de Meicende ás 20:00 h, poderán disfrutar de Lafayette Show co mago Cayetano Lledó, un espectáculo de maxia dedicado a público familiar onde un só artista interpreta todos os personaxes que saen a escena. Combina o encanto da maxia e o ilusionismo co teatro, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalismo e unha mestura de artes afíns. Este show, pensado para público de todas as idades, mostra con grandes doses de humor e teatro o lado máis espectacular e fascinante da maxia.

 

A distribución de convites será 1 h antes da función na conserxería do CSC de Meicende

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress