Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 19 de enero de 2019 | Leída 12 veces

O punto limpo e o servizo recollida de voluminosos a domicilio superaron os mil usuarios en 2018

A xestión é a cargo da concesionaria Aspaber. Estes servizos municipais son gratuítos para todos os veciños do Concello...

Ao longo do ano 2018 a entidade que xestiona tanto as instalacións do punto limpo da Laracha como o programa de recollida de voluminosos a domicilio -a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber)- atendeu a 1.023 usuarios que empregaron estes servizos municipais para desfacerse dos residuos que polas súas especiais características non poden ser depositados nos colectores de lixo.

 

En concreto, foron 730 persoas as que acudiron ás instalacións do punto limpo en O Formigueiro e outras 293 as que solicitaron o servizo de recollida de voluminosos a domicilio.

 

Como datos máis significativos, salientar que no punto limpo da Laracha foron recollidos e correctamente xestionados no ano que vén de rematar, entre outros residuos:

 

  • 810 litros de aceites vexetais e minerais.
  • 763 quilos de plásticos.
  • 420 envases con restos de sustancias tóxicas ou perigosas.
  • 21,5 toneladas de aparellos electrónicos, equipos informáticos e electrodomésticos (televisores, frigoríficos, conxeladores, ordenadores, radios, etc). 
  • 16 toneladas de restos de obras (tellas, madeira, metais, pintura, etc.).
  • 36 quilos fluorescentes desbotados.
  • 2,5 quilos de pilas.
  • 60 baterías e acumuladores.
  • 15 toneladas de voluminosos (principalmente colchóns e sofás).

 

Ademais, tamén foron levados ao punto limpo 533 quilos de vidro e 266 quilos de papel e cartón, material apto para a reciclaxe que tamén pode depositarse nos contedores de recollida selectiva instalados ao longo de todo o termo municipal.

 

O Concello da Laracha valora de maneira moi positiva tanto a xestión dos servizos por parte de Aspaber como os datos de usuarios que reflicten os informes de 2018. Ao mesmo  tempo lembramos que o punto limpo da Laracha é un servizo municipal que está a disposición de todos os veciños de xeito gratuíto. A instalación sitúase xunto á ponte do Formigueiro, moi preto do casco urbano da capital municipal. Está aberta ao público os luns, mércores e venres pola tarde e os sábados en horario matutino e vespertino. O servizo de recollida de voluminosos a domicilio (mércores, xoves e venres pola mañá) tamén é gratuíto e pode concertarse cita poñéndose en contacto con Aspaber por vía telefónica ou por correo electrónico.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress