Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 19 de enero de 2019 | Leída 31 veces

O Concello e o hospital veterinario Xarope renovan a súa colaboración coa asociación amigos de los perros

Cunha doazón de 400 quilos de penso. A entidade realiza unha importante función acollendo cans abandonados en diferentes municipios de Bergantiños. Calquera particular que desexe adoptar un can pode acudir a esta protectora...

[Img #47553]

 

O Concello da Laracha e o Hospital Veterinario Xarope doaron á Asociación Amigos de los Perros –Protectora de Carballo- 400 quilos de penso co dobre obxectivo de colaborar coa citada entidade e mostrar o seu apoio ao labor que están a desenvolver en diferentes municipios da comarca de Bergantiños.

 

En representación do Concello da Laracha o alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, xunto a responsables da clínica Xarope, fixeron entrega dos sacos de comida para os cans á responsables da asociación, nas propias instalacións do centro veterinario, situadas na larachesa rúa Santa Lucía.

 

Amigos de los Perros xestiona un centro de acollida en Carballo e realiza unha importante función de acollida de cans abandonados na Laracha e noutros municipios próximos. Esta entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress