Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 17 de enero de 2019 | Leída 92 veces
psoe

Acordo entre a empresa e os traballadores da piscina municipal de Arteixo

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo celebramos o acordo entre a empresa e os traballadores da piscina municipal de Arteixo, agradecemos ao noso voceiro municipal a forte implicación na mediación do conflito e seguimos pedindo que o goberno local esixa unha xestión axeitada das instalacións para os usuarios...

[Img #47544]

 

Dende a Agrupación Socialista de Arteixo celebramos o acordo acadado onte entre a representación dos traballadores da piscina municipal e a empresa concesionaria para a desconvocatoria da folga e as mobilizacións que a acompañaban, cunha solución pactada que fai posible recuperar unha paz social demandada por traballadores/as e usuarios/as.

 

Comeza agora unha importante negociación entre ambas partes sobre a organización laboral desta instalación na que a nosa organización segue a disposición de ambas partes para chegar a acordos beneficiosos para todos, ao igual que fixo durante o conflito, na que o noso voceiro no concello, Martín Seco, participou activamente, mediando entre ambas partes, para atopar situacións que non perxudicasen a usuarios e as nosas instalacións municipais.

 

O noso voceiro, Martín Seco, declaraba: “Quero agradecer aos representantes da empresa na negociación, a propia dirección xeral da empresa Be One e a representación dos traballadores, pola súa capacidade de chegar a acordos en beneficio dos usuarios e especialmente ao traballador indemnizado, un monitor especialmente querido por todos nos, usuarios e pais e nais de usuarios deste servizo, pola súa boa labor nos anos que estivo na nosa infraestrutura” engadiu ademais que “quedan temas importantes que negociar para un funcionamento correcto da instalación, no ámbito da estrutura laboral e deportiva, pero tamén en canto ao tratamento que se lle está dando as instalacións que son propiedade de tódolos cidadáns do noso concello, nas que o grupo de goberno do PP debe esixir unha calidade de salubridade suficiente e sobre as que existen moitas queixas fundadas”.

 

Dende o noso partido seguiremos con celo a situación desta importante infraestrutura municipal e esperamos que o futuro veña cargado de solucións e non máis problemas para unha instalación na que se insuflaron preto de 4 millóns de euros dos petos de toda a nosa cidadanía.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress