Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 12 de enero de 2019 | Leída 21 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña destina 163.556 euros a un proxecto para dotar ao Camiño Inglés de 24 fontes de auga potable

Ademáis da recuperación de fontes e manantiais, o proxecto contempla a creación de envases metálicos reutilizables para os peregrinos, que contribuirán a rebaixar a pegada de carbono ao substituír á auga embotellada en plástico. González Formoso destaca a importancia medioambiental da iniciativa, que se desenvolverá nos 18 concellos deste itinerario xacobeo. O proxecto piloto conta cun orzamento global de 973.408 € que inclúe financiamento europeo e de diversas institucións e entidades locais...

[Img #47516]

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou onte o convenio polo que a Deputación da Coruña participará no proxecto Life Water Way, unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea e diferentes administracións para recuperar 24 fontes e manantiais tradicionais ao longo do precorrido do Camiño Inglés, garantindo as condicións sanitarias da auga para o consumo humano.

 

Dentro das súas accións de apoio e promoción do Camiño Inglés, a Deputación da Coruña é a administración local que realiza a maior achega económica para impulsar este proxecto piloto, que contará cun orzamento total de 973.408 euros, dos que 369.552 proveñen de fondos europeos e os restantes 603.856 € serán achegados pola Deputación (163.556 €), Augas de Galicia (147.579 €), a Consellería de Sanidade (90.471 €), o Concello de Abegondo (89.261 €), o Instituto Tecnolóxico de Galicia (75.981 €) e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (37.008 €).

 

González Formoso celebrou “o traballo conxunto das distintas administracións que forman parte deste proxecto, que permitirá que os peregrinos atopen unha fonte de auga potable cada 6 quilómetros” ao longo deste itinerario xacobeo, que ten saída tanto dende Ferrol coma dende A Coruña e atravesa un total de 18 concellos: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago.

 

Repercusión socioeconómica e medioambiental da iniciativa

Ademáis do impacto socioeconómico que ten nestes municipios o incremento continuo de peregrinos que percorren o Camiño Inglés, o presidente da Deputación subliñou tamén a “repercusión a nivel medioambiental da iniciativa”, xa que se estima que a pegada de carbono da auga embotellada consumida polos peregrinos desta ruta xacobea é equivalente á que se xeraría se se desprazaran individualmente en coche dende A Coruña a Santiago.

 

Para fomentar esta rebaixa no consumo da auga embotellada en plástico e fomentar un consumo máis responsable, o proxecto contempla tamén a creación, produción e distribución de envases metálicos reutilizables – decorados coa imaxe do proxecto Life Water Way- para que os peregrinos podan enchela repetidas veces ao longo do itinerario.

 

Así o explicou o deputado responsable da área de Turismo da institución provincial, Xosé Regueira, que destacou a importancia dun proxecto que “ademáis de recuperar as fontes naturais aposta por un modelo máis sustentable nun dos principais atractivos turísticos de Galicia como é o Camiño de Santiago”.

 

Este proxecto piloto, que xa está en marcha desenvolverase ata 2021 e ao seu remate realizaranse diversas accións de avaliación do impacto socioeconómico e medioambiental do mesmo, co obxectivo de estudar a súa psoible extensión ás 185 fontes coas que contan os tramos do Camiño que discorren por territorio galego e a outros itinerarios culturais da Unión Europea, que experimentan un importante incremento de visitantes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress