Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 11 de enero de 2019 | Leída 95 veces
BNG

O BNG de Arteixo pide acceso a todo o expediente da convocatoria das 8 prazas de conductores para a recollida de resíduos

O BNG presentou un recurso ás bases o 5 de decembro que a día de hoxe aínda non foi contestado polo concello de Arteixo. “Segundo os datos que se lle trasladaron ao BNG non hai probas dalgúnha da probas do proceso polo que a indefensión dos aspirantes sería absoluta de demostrarse isto”...

O grupo municipal do BNG de Arteixo solicita que se lle dea acceso urxente a toda adocumentación do expediente de concurso-oposición “houbo varias persoas que participaron nas probas que se puxeron en contacto co BNG para informalo de diversas cuestións cando menos chamativas que hai que comprobar con urxencia” sinalan desde o grupo municipal

 

O Grupo municipalestá agardando desde o 5 de decembro a que se conteste a un recurso que fixo ás bases “consideramos que as bases publicadas tiñan unha serie de incumprimentos legais que a día de hoxe aínda non se contestaron, en concreto entendemos que non hai ningún suposto legal que ampare a contratación temporal xa que se trata dun servizo que vai ter continuidade tendo en conta que é un servizo de prestación obrigatoria, nesas bases limítase a concorrencia xa que hai unha clara discriminación na puntuación do concurso se traballas na privada ou na pública aínda que os requisitos son os mesmos nun lado ou no outro, claramente quere, ao noso entender, favorecer a uns traballadores en detrimento de outros; non se puntúan os títulos por créditos e deíxase aberta a porta cando se di “salvo especificación diferente” isto é, a criterio do tribunal unha vez que xa coñecen os candidatos e os curriculums o que crea unha indefensión absoluta etc.”.

 

Noutra orde de cousas “no BNG consideramos que con esta convocatoria haiun incumprimento a respecto do convenio colectivo aprobado polo concello de Arteixo en 1997 e modificado en 2005, fanse unhas diferenzas con estes traballadores a respecto doutro persoal laboral do concello dun xeito escandaloso” sinalan, “terían que modificar o convenio antes se queren ter estes perfiles con estes horarios e estas retribucións.

 

A respecto do desenvolvemento das probas o BNG denuncia “faise por urxencia a convocatoria, só se dan 10 días para presentar a documentación mais logo pasan dous meses até que sae a listaxe definitiva de admitios e excluídos, non se publica nada no BOP todo no taboleiro do concello o que loxicamente as persoas que non poden achegarse os limita e por enriba descoñecemos cando se publicou o tribunal e se a composición cumpre os requisitos da convocataria” afirman desde o BNG.

 

Normalmente o tribunal publícase coa listaxe ou ben provisional ou ben definitiva mais neste caso non aparece esa publicación “é dunha rareza absoluta tendo en conta que se trata dun concurso-oposición en que se presentan unha serie de méritos por parte dos aspirantes. A sensación que produce é que se agardou a saber quen se presentaba para nomear un tribunal ou outro”.

 

“Desde o BNG solicitamos tamén que se nos dea acceso á valoración dos méritos que fixo o tribunal dos curriculuns presentados e aos exames dos que ten que existir proba ou escrito ou gravada xa que se non é así a indefensión nunha posíbel reclamación é total”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress