Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 11 de enero de 2019 | Leída 9 veces
Deputación da Coruña

O Plan Único da Deputación inviste 6,5 millóns de euros na mellora das infraestruturas deportivas de 35 concellos da provincia

Máis dun terzo dos concellos coruñeses financian un total de 51 obras en campos de fútbol, polideportivos e piscinas municipais co apoio económico da Deputación. González Formoso destaca a ampla demanda de obras en instalacións deportivas dentro dun programa que se adapta ás necesidades dos concellos e lles permite decidir en qué investir os fondos provinciais...

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia cun investimento de 6.571.770 euros un total de 51 obras de construción ou renovación de infraestruturas deportivas en 35 concellos da provincia da Coruña. A este importante cifra hai que sumar outros 772.431 euros que os municipios achegan para completar algúns dos investimentos, que en conxunto alcanza os 7,3 millóns de euros.

 

Máis dun terzo dos 93 concellos da provincia optaron por incluír entre as obras do Plan Único proxectos de creación, ampliación ou renovación das instalacións municipais destinadas á práctica do deporte coma campos de fútbol, polideportivos, ximnasios ou piscinas municipais.

 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que o elevado número de actuacións neste eido “amosa que hai un interese por parte dos concellos coruñeses para mellorar as súas infraestruturas deportivas. Unha necesidade que a Deputación está contribuíndo a satisfacer cun programa coma o Plan Único, que se adapta ás súas necesidades e que lles permite decidir en qué investir os fondos provinciais”.

 

González Formoso destacou que “ademais de contribuír a mellorar as infraestruturas deportivas municipais, a Deputación leva a cabo unha importante labor de promoción do deporte na provincia en todos os seus ámbitos, dende o deporte de base aos grandes eventos deportivos”,  destinando preto de 1 millón de euros anuais para a contratación de técnicos deportivos nos concellos, impulsando programas que subvencionan a actividade de centos de clubs coruñeses de diferentes disciplinas e categorías deportivas ou creando bolsas que permiten aos deportistas da provincia da Coruña participar en competicións nacionais e internacionais, entre outras.

 

243 millóns para financiar 1.146 obras nos concellos

Cun investimento histórico que xa supera os 243 millóns de euros no período 2017-2019, o POS+ financia actualmente 1.146 obras de mellora de infraestruturas nos 93 concellos da provincia, entre as que se atopan as 51 instalacións deportivas mencionadas, pero tamén proxectos de humanización e recuperación de rúas e espazos públicos,  creación de xardíns e zonas verdes, rehabilitación de locais sociais e veciñais, construción de parques infantís, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou instalación de novos sistemas de alumeado público.

 

O Plan Único permite ademáis que os concellos destinen parte dos fondos a amortizar a débeda municipal, pagar facturas pendentes ou financiar parte do gasto corrente de servizos básicos municipais coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress