Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 10 de enero de 2019 | Leída 32 veces

As brigadas medioambientais municipais actúan no castro de Montes Claros

Estase realizando o desbroce da maleza e a eliminación dos rebrotes dos eucaliptos. Trátase da fase inicial da posta en valor do xacemento e o seu entorno. O castro, situado na parroquia de Vilaño, é un dos máis grandes entre os catalogados en Galicia e pertence á idade de ferro...

[Img #47505]O Concello da Laracha continúa desenvolvendo actuacións que teñen por obxectivo iniciar a posta en valor do castro de Montes Claros, o xacemento arqueolóxico situado na parroquia de Vilaño e pertencente á idade de ferro.

 

Actualmente as brigadas medioambientais municipais están a realizar os traballos de limpeza no entorno do castro, exclusivamente nas parcelas que xa son de titularidade municipal. A actuación principal céntrase na eliminación dos rebrotes dos eucaliptos que foran cortados no pasado verán. Ademais, ás cepas aplicaráselle un tratamento específico precisamente para evitar futuros rebrotes desta especie. As árbores que se conservan no ámbito son as autóctonas, como os castiñeiros e os carballos. Os operarios tamén están realizando o desbroce da maleza. Estes traballos realízanse baixo a coordinación dun equipo de arqueólogos.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Patricia Bello, acudiron ao castro de Montes Claros para interesarse polos labores que están a levar a cabo as brigadas medioambientais municipais. Cabe lembrar que durante o pasado verán o campo de traballo desenvolvido neste lugar tamén realizara actuacións de similares características ás que se están acometendo nestes momentos.

 

Segundo os estudos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o castro de Montes Claros é un dos máis grandes entre os que están catalogados en Galicia.  O xacemento está incluído no Plan Especial de Patrimonio Cultural promovido polo goberno local, o que posibilitou a adquisición polo Concello da Laracha de parte dos terreos que albergan o castro e que son obxecto desta intervención. As parcelas restantes tamén pasarán a ser de titularidade municipal a través dun procedemento de expropiación que xa está iniciado.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress