Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 10 de enero de 2019 | Leída 340 veces

Máis de 1.500 postais feitas polo alumnado de Arteixo viaxarán a África e Asia

Nun breve acto fíxose entrega dos vales por valor de 335€ para alimentos frescos a Cáritas e de 150€ para material escolar aos nenos e nenas de 3ºB do CEIP de Galán...

[Img #47503]A campaña «Postais Solidarias polo mundo»organizada polo Arteixo Centro Comercial Aberto coa colaboración dos centros de primaria e educación infantil de Arteixo e Cáritas está no seu punto intermedio. Tras o Día de Reis dase por rematada a recollida de alimentos -cun saldo de case 1.900 postais intercambiadas por alimentos nos establecementos que forman parte da asociación-, e comeza a seguinte parte: levar eses desexos de felicidade a outros lugares do mundo.

 

En colaboración con Semilla para el Cambio, P Estudio, Axuda Burundi e a Asociación «El Buen Samaritano», as postais serán entragadas aos nenos e nenas do Centro de Menores de Palavea, e a proxetos que estas pequenas entidades teñen en India, Burundi e Mozambique.

 

Ademais, con esta campaña conseguiuse recadar case 3.000kg de comida non perecedoira que os e as arteixás doaron a Cáritas, e que se están a repartir entre 87 familias da vila.

 

A eses alimentos sumarase agora tamén a comida fresca que poderán recoller na panadería Gestal e na Peixería Botero Gundín, xa que o Arteixo CCA fixo hoxe entrega a Cáritas dos vales por valor de 280€, 0,15 céntimos por postal, para que as familias os gasten neses dous establecementos. Menos que o ano pasado, pois menos postais foron recollidas polos nenos e as súas familias.

 

Os vales foron entregados a Cáritas pola Concelleira Patricia Amado, nun acto no que tamén se lle entregaron os vales para material escolar ao alumnado de 3ºB de Galán, e ao que asistiron representantes de Cáritas, a Presidenta do Arteixo CCA e a propia Concelleira de Promoción Económica.

 

«Desta forma, os comerciantes e hostaleiros de Arteixo lles agradecemos aos máis pequenos a súa colaboración para facer desta vila un lugar mellor para todo o mundo», resalta Paula Díaz, Presidenta do CCA. «Agora imos darlle máis vida a esas postais, alegrando os corazóns de nenos e nenas en outras circunstancias e en outros lugares do mundo», contou Díaz ao alumnado de Galán.

 

Esta campaña leva xa cinco edicións e pénsase repetir o próximo ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress