Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 10 de enero de 2019 | Leída 18 veces
Deputación da Coruña

Hoxe remata o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Os interesados/as en obter unha das 500 prazas deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición. As excursións á neve, para nenos enter 11 e 15 anos dos concellos coruñeses, desenvolveranse entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro na estación invernal de Cabeza de Manzaneda…

[Img #47502]Hoxe xoves, 10 de xaneiro, remata o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí 2019 da Deputación. Os interesados/as en obter unha das 500 prazas que a Deputación pon a dispor dos nenos e nenas de entre 11 e 15 anos dos dos municipios coruñeses deben presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante

 

As viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense)  desenvolveranse entre o o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro para fomentar a práctica do esquí

 

Nesta nova edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de tres días de duración cada unha.

 

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.

 

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

Quendas

As quendas por concellos desenvolveranse nas seguintes datas:

 

1ª QUENDA

 

 (do 25/01/19 ao 28/01/19)

Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia , Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra, Arteixo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, Laracha, Malpica

2ª QUENDA

 

 (do 1/02/19 ó 4/02/19)

Mazaricos, Oleiros, Ponteceso e Santa Comba

3ª QUENDA

 

 (do 8/02/19 ó 11/02/19)

Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño

4ª QUENDA

 

 (do 15/03/19 ó 18/03/19)

Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar

5ª QUENDA

 

 (do 22/02/19 ó 25/02/19)

Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress