Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de enero de 2019 | Leída 21 veces

O Concello estende 4 toneladas de sal nas estradas municipais para evitar a formación de placas de xeo

O plan de mantemento na rede viaria estase desenvolvemento desde o 2 de xaneiro. As actuacións son realizadas por operarios municipais e pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Faise especial fincapé nas rutas do transporte escolar e nas parroquias de Montemaior e Soandres...

O Concello da Laracha mantén activo desde o pasado día 2 de xaneiro o plan de mantemento e conservación das estradas de titularidade municipal que se desenvolve co obxectivo de previr as situacións de risco na rede viaria derivadas das baixas temperaturas.

 

Ao longo dos últimos sete días operarios dos servizos municipais e tamén efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil estenderon máis de catro toneladas de sal nas estradas municipais co propósito de evitar a formación de placas de xeo e, por tanto, facilitar a mobilidade e aumentar a seguridade na circulación dos vehículos.

 

No desenvolvemento destas actuacións faise especial fincapé en todas as rutas do transporte escolar e tamén nas estradas de Montemaior e Soandres xa que, ao tratarse das parroquias de maior altitude do municipio, rexistran as temperaturas máis baixas.

 

Os servizos de emerxencias municipais do Concello da Laracha están preparados e coordinados para continuar realizando actuacións destas características nas estradas de titularidade municipal e dar, así, resposta rápida e efectiva ás situacións de risco que poidan xurdir por causa das condicións climatolóxicas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress