Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de enero de 2019 | Leída 21 veces

O Grupo Naturgy acometerá os labores de xestión da biomasa nas liñas externas de distribución de enerxía

En cumprimento da Lei de Montes de Galicia e en prevención e defensa contra os incendios forestais. Dan un prazo de quince días aos propietarios dos terreos por se fose do seu interese realizar previamente traballos de xestión da biomasa. Os planos do trazado das liñas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello da Laracha...

O Grupo Naturgy –antigamente, Unión Fenosa Distribución S.A.- vén de comunicar ao Concello da Laracha que nos próximo días procederá a acometer as operacións de xestión da biomasa na franxa de cinco metros da proxección dos condutores eléctricos externos. Farase en cumprimento da Lei de Montes de Galicia e en prevención e defensa contra os incendios forestais.

 

Na comunicación indícase que os propietarios dos terreos nos que se sitúan ditas infraestruturas teñen un prazo de quince días para que, en caso de que o consideren oportuno, realicen previamente os labores de xestión de biomasa que estimen conveniente antes de que o Grupo Naturgy proceda á execución das actuacións anunciadas.

 

Os planos do trazado das liñas onde se vai actuar poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello da Laracha.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress