Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 8 de enero de 2019 | Leída 14 veces

Galicia lidera a produción cárnica nos sectores porcino e avícola dentro de España

A nosa comunidade é a primeira en número de granxas de porcos con 28.000 explotacións. Ocupamos o segundo posto no sector avícola de carne con 860 granxas, o 15% do total español. A produción de carne de ave acada case as 200.000 toneladas anuais, situando a nosa autonomía nas primeiras posicións do ranking español...

[Img #47495]

 

Galicia ocupa unha posición de liderado dentro de España no que atinxe á produción de carne nos sectores porcino e avícola. Así o destacou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa visita a unha explotación de aves e ás novas instalacións da empresa Torre de Núñez, ambas na provincia de Lugo. O conselleiro estivo acompañado neste percorrido polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

 

Así, o titular de Medio Rural salientou que a nosa comunidade é líder indiscutible no eido porcino, xa que reúne, con 28.000 granxas, o 32% do total de explotacións de porcos de España, cunha cabana que supera o millón de cabezas. Ademais, Galicia é a segunda autonomía, tras Cataluña, en número de explotacións avícolas, xa que dispoñemos de 860 granxas, que representan algo máis do 15% do total das existentes en España. A produción galega neste sector acada case as 200.000 toneladas anuais de carne, un 13% do total nacional.

 

José González achegouse en primeiro lugar ata a explotación Ganadería Rivas Gómez SC, situada en Láncara e que vén de iniciar a súa actividade. Esta granxa ten capacidade para case 34.000 polos e contou con axudas de Medio Rural por importe de 214.000 euros para un plan de mellora e para a incorporación dunha persoa moza. Precisamente, o conselleiro destacou que este eido (o da remuda xeracional) é unha das grandes apostas da Xunta de cara a mellorar a competitividade das nosas explotacións e crear emprego no rural, co fin de fomentar a actividade económica rendible no rural.

 

Para isto, o conselleiro explicou que a Xunta destinou 57,2 millóns de euros no 2017 nas axudas de incorporación de mozos, plans de mellora e pequenas explotacións, con máis de 1.300 beneficiarios en total. Desta cantidade, case 15 millóns foron destinados ao apoio á incorporación de mozos ao rural.

 

Finalmente o titular de Medio Rural coñeceu as novas instalacións de Torre de Núñez no concello lugués do Corgo. Alí destacou que, ao abeiro das subvencións para o fomento da transformación de produtos agroalimentarios, a empresa recibiu nos últimos anos preto de 1,8 millóns de euros para implantar unha liña de embutidos loncheados e facer unha nave adosada ao secadoiro de xamóns para curar.


Nesta liña, José González lembrou a aposta que fai o Goberno galego polo fomento da transformación dos produtos agroalimentarios, un eido no que en 2018 se investiron máis de 30 millóns de euros para a posta en marcha de case 100 proxectos. Deles, máis de 4,5 millóns foron para o sector cárnico.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress