Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 8 de enero de 2019 | Leída 13 veces
OLEIROS

A Deputación e o Concello de Oleiros invisten 455.000 euros nas obras de construción de beirarrúas na rúa Golfiño de Lorbé

As obras, que acaban de saír a licitación, suporán unha importante mellora da seguridade peonil nun tramo de case dous quilómetros da estrada AC-163...

A Deputación da Coruña e o Concello de Oleiros investirán 455.020,52 euros nas obras de construción de beirarrúas nun tramo de preto de 2 quilómetros na estrada AC-163, á altura da rúa Golfiño, en Lorbé.

 

As obras, que veñen de saír a licitación no Plataforma de Contratación do Estado, contemplan para o seu financiamento unha achega provincial de 239.254,30 €, articulada a través do Plan Único (POS+2018) e outra do municipio oleirense por importe de 215.766,22 € e permitirán a construción dun itinerario peonil seguro entre os puntos quilométricos 7+050 (á altura da Casa do Pobo de Lorbé) e o 8+800, no límite municipal de Oleiros.

 

A estrada AC-163 conecta Mera con Sada pasando por Lorbé, Veigue e Fontán, entre outros núcleos. As conexións que ofrece a vía, as curvas e falta de visibilidade nalgúns puntos e a importante afluencia dalgúns restaurantes e establecementos existentes na zona fan necesario mellorar a seguridade vial na zona coa construción de novas beirarrúas nos tramos onde non existen na actualidade.

 

O proxecto contempla a execución de beirarrúas na marxe impar do tramo comprendido entre a Casa do Pobo de Lorbé e o restaurante Casa Méndez e na marxe par do tramo que vai dende este punto até a fin do termo municipal, adaptándose ás liñas que marca o PXOM onde sexa posible, en base ás cesións obtidas trala negociación do Concello de Oleiros cos veciños de Lorbé, ou dentro das franxas dos oito metros dende o eixo da estrada, nos casos nos que non se obtiveran as cesións correspondentes.

 

Nos tramos onde as dimensións o permitan, habilitarase un espazo para aparcamento. Prevese tamén a canalización da rede de pluviais no tramo onde se construirán as beirarrúas.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress