Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 8 de enero de 2019 | Leída 11 veces

O Concello da Laracha mellorará a eficiencia enerxética nos edificios municipais coa colaboración do IDAE

A entidade pública dependente do Ministerio de Transición Ecológica vén de comunicar a concesión dunha nova subvención para financiar o proxecto. Previamente xa foran outorgadas ao Concello outras tres axudas, xa contempladas nos orzamentos, relativas ao alumeado público exterior. O dobre obxectivo é adelgazar o gasto que supón o servizo, ademais de reducir as emisións de dióxido de carbono...

[Img #47491]O Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) –entidade pública dependente da Secretaría de Estado de Energía e adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica- vén de comunicar ao Concello da Laracha a concesión dunha nova axuda económica para o desenvolvemento do proxecto de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal. Farase ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos singulares promovidos por entidades locais para favorecer o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

 

O proxecto está valorado en 63.316 euros e consiste na completa renovación das luminarias por outras LED de última xeración en todos os despachos e zonas comúns da Casa do Concello, do edificio de servizos múltiples, da biblioteca municipal da Laracha e do centro sociocultural de Paiosaco. O aforro enerxético está estimado nun setenta e cinco por cento. O IDAE financiará o oitenta por cento do proxecto e a cifra restante, uns 12.500 euros, serán achegados polo Concello da Laracha con fondos municipais.

 

Esta subvención súmase a outras tres concedidas previamente polo IDAE e xa recollidas nos orzamentos municipais para o exercicio económico 2019. Nese caso os proxectos refírense á renovación do alumeado público exterior nos cascos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, na totalidade dos máis de trescentos núcleos rurais das trece parroquias e tamén nos accesos ao parque empresarial. Grazas a estas actuacións manterase a calidade do servizo, pero diminuíndo a contaminación lumínica e reducindo o consumo eléctrico nunha media estimada en torno ao sesenta e cinco por cento. O investimento conxunto destas tres actuacións supera o millón de euros, dos cales o Concello da Laracha achegará 200.000 euros.

 

Salientar, por último, que está presentado un quinto proxecto –á espera da resolución- relativo ao cambio das luminarias nos pavillóns polideportivos Municipal da Laracha, o do IES Agra de Leborís, o de Paiosaco e o de Caión. O orzamento alcanza os 51.600 euros e incluiría melloras na iluminación das pistas e vestiarios, cunha redución no gasto eléctrico estimada no cincuenta por cento.

 

O Concello da Laracha destina anualmente un total duns 300.000 euros ao servizo de iluminación pública na rede viaria e nas citadas instalacións de titularidade municipal. Estes proxectos teñen por dobre obxectivo adelgazar ese gasto que se asume con fondos propios e con cargo aos orzamentos xerais municipais ao mesmo tempo que serían reducidas as emisións de dióxido de carbono das actuais luminarias sendo, por tanto, unha actuación respectuosa co medio ambiente.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress