Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 6 de enero de 2019 | Leída 50 veces
BNG

O BNG pide a readmisión dos traballadores despedidos da piscina municipal de Arteixo

“BeOne concesionaria despediu a comezos do mes a tres traballadores das instalacións municipais”. “O goberno local non pode dar as costas de xeito indefinido as graves deficiencias na prestación do servizo na piscina“. “O BNG pide que se estudie a opción de rescatar o servizo se non se está a cumprir co prego de condicións da concesión”...

Segundo nos informaron onte, a comezos deste mes a concesionaria da piscina municipal de Arteixo despediu a tres traballadores que levaban prestando servizo nesta instalación desde hai varios anos “o motivo do despedimento é absurdo non se pode acusar a estes traballadores de baixo rendemento cando as usuarias e usuarias están amosándolles todo o seu apoio de xeito público e valorando moi positivamente o seu labor na instalación” indican desde o BNG. Desde o BNG tamén afirman “que hai problemas laborais desde hai tempo, con situacións que foron denunciadas e postas en coñecemento do alcalde de Arteixo que non moveu un dedo polo que podemos ver” sinalan, ”a situación lonxe de solucionarse agrávase con estes despedimentos”.

 

A piscina municipal está xestionada pola empresa BeOne e desde hai meses son múltiples as queixas por parte de usuarias e usuarios das instalacións e moitas as reclamacións presentadas “no inicio dos cursos houbo multitude de protestas por mor dunha mala planificación dos grupos que fixo que houbese reclamacións, hai xa tempo que hai queixas pola falla de material e polo mantenimento das instalacións e do material usado nas instalacións” a día de hoxe só coñecemos a intención de facer unha auditoría da que nestes momentos non coñecemos o resultado” sinalou Silvia Seixas.

 

“A piscina municipal é unha concesión municipal e polo tanto o concello ten a obriga de vixiar que o contrato se cumpra en óptimas condicións. En outubro deste ano xa houbo queixas pola mala climatización nas instalacións xa que a empresa apagaba o sistema polas noites, todo isto provocaba  un ambiente irrespirábel nas últimas horas do día e fortes irritacións oculares. Houbo denuncias de usuarias e usuarios e clubes.  É indignante o que está a acontecer con esta instalación”

 

Desde o BNG vaise solicitar tamén por escrito a convocatoria dunha xuntanza co goberno local para que se nos dea conta de todo o que está a acontecer e onde imos pedir que se estudien os incumprimentos que se están producindo e a posibilidade de rescatar a concesión. “Un concello non pode consentir que o  obxectivo principal sexa o de gañar diñeiro por enriba da calidade do servizo” indican desde o grupo municipal do BNG.

 

A pisicina municipal de Arteixo está xestionada pola empresa BeOne fitness que mercou a Aquafit xestión en 2017. O grupo BeOne fitness /Serviocio está controla nun 84% polo fondo de inversións Formentor Capital que se fixo co seu control neste 2018.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress