Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Lunes, 31 de diciembre de 2018 | Leída 31 veces
NATACIÓN

Seis medallas no campionato galego para o CNA

O Club Natación Arteixo ven de participar no Campionato Galego de Natación de Inverno en Santiago, na Piscina de Santa Isabel. Foi un campionato de gran nivel, con varios nadadores de fora da comunidade e dúas exolímpicas galegas volvendo a competir a moi bo nivel…

[Img #47457]

 

O Club arteixán participou con sete nadadoras e seis nadadores. Os resultados foron bos, destacando a participación en 18 finais (catro masculinas e 14 femininas), cinco medallas individuasi e unha en remudas e dúas mínimas para o Campionato de España Infantil.

 

O nivel competitivo dos nadadores do CNA foi mellorando ó longo da fin de semana, empezando polo ambiente de grada e rematando con mellores actuacións na auga, con dúas trepidantes remudas de 4x100 estilos, acadando finalmente os seguintes postos por equipos: 15º masculino, 9º feminino e 11º conxunto.

 

Nas remudas, o máis salientable foi o nivel de marcas persoais e unha medalla de bronce moi loitada no 4x50 libre feminino. Participaron nas cinco remudas do calendario, acadando os seguintes postos: 4x50 estilos, 4º feminino, 17º masculino; 4x50 libre, bronce feminino, 11º masculino; 4x100 libre, 7º feminino, 13º masculino,  4x200 libre, 8º feminino, 13º masculino, e 4x100 estilos, 4º feminino, 14º masculino.

 

As medallistas do campionato, ademáis da remuda feminina, foron, Alba Gómez con dous ouros en 100 braza e 100 libre, e dúas pratas en 200 estilos e 200 braza; e Noelia Gómez, que foi medalla de prata en 50 braza.

 

A nadadora de 13 anos, Antía Gómez Taibo,  acadou dúas mínimas para asistir ó Campionato de España Infantil de Verán, nas probas de 100 e 200 costas,

 

O equipo de Natación da nosa localidade segue a manterse a moi bo nivel dentro da natación galega. Esperamos deles neste ano que comeza, que continúe por este camiño… o de ser un Equipo de Primeira.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress