Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 29 de diciembre de 2018 | Leída 22 veces
CAMBRE

O primeira cesta da campaña “En Nadal compra en Cambre ten premio” tocou no Temple

Hai 15.000 euros en premios directos “agochados nos rasca e gaña” e 75 cestas de Nadal. O Concello aumentou o investimento desta campaña da Nadal polo que este ano destináronse 55.000 euros…

[Img #47453]

A concelleira de Promoción Económica, Leonor Fernández, acudiu ao Temple ao comercio “J Kids” para entregar a primeira das cestas, valorada en 250 euros, que tocaron dentro da campaña de comercio do Nadal “En Nadal comprar en Cambre que ten premio” que ten como obxectivo dinamizar e potenciar ao pequeno e mediano comercio e á hostalería cambresa en época do Nadal.

 

No marco da campaña destaca o Rasca e Gaña que este ano repartirá 34.000 boletos, que agochan 219 premios) entre todos os establecementos do municipio e onde os clientes ao facer calquera compra optan a bonos para gastar nas tendas de cambre de 5, 10, 20, 30, 100 euros para facer as súas compras de nadal antes do 6 de xaneiro e haberá bonos especiais de 200, 300 e 500 euros para gastar durante o mes de febreiro. Os bonos de compra repartidos esconden premios por un total de 15.000 euros. Os rascas repartiranse desde hoxe nos máis de 160 establecementos inscritos na acción promocional e que se dedican ao comercio, hostalería ou barbería ou estética. Por outra banda, tamén poderán tocar as 75 cestas de Nadal valoradas desde 60 euros ata os 250 euros.

 

Este ano para lograr unha maior atracción aos comercios cambreses programouse unha exhaustiva programación cultural con concertos, máxia, xogos, etc, etc. Vanse programar entre 16 actuacións de animación de rúa para o público en xeral pero especialmente para os mais pequenos, con temáticas relacionadas co Nadal. As actuacións estarán distribuídas entre O Temple, A Barcala e Cambre.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress