Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 29 de diciembre de 2018 | Leída 34 veces

Comezan os obradoiros infantís que se están a realizar no marco do programa municipal de actividades de Nadal

A Casa da Cultura acolleu a primeira quenda do obradoiro de elaboración de cupcakes e galletas de Nadal. Os días 2 e 3 de xaneiro realizaranse as seguintes quendas. A inscrición está pechada porque foron cubertas a totalidade das prazas ofertadas...

[Img #47452]

 

Comezaron a desenvolverse os obradoiros infantís contemplados no programa municipal de actividades de Nadal. Unha vintena de nenos de educación infantil participaron no obradoiro de elaboración de cupcakes e galletas de Nadal celebrado nunha das aulas da Casa da Cultura da Laracha e que tivo unha duración de dúas horas.

 

Estas iniciativas son postas en marcha polo Concello da Laracha para ofrecer unha actividade divertida e educativa para os nenos ao mesmo tempo que se facilita a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais durante as vacacións de Nadal nos centros educativos.

 

Os obradoiros de cupcakes e galletas volverán realizarse os días 2 e 3 de xaneiro na Casa da Cultura da Laracha en horario de 11:30 a 13:30 horas, dirixidos en ambos casos a nenos que sexan estudantes de primaria. Están cubertas as cincuenta prazas ofertadas, vinte e cinco en cada xornada, polo que a inscrición está pechada.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress