Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 28 de diciembre de 2018 | Leída 23 veces
Deputación da Coruña

Cincocentos nenos e nenas da provincia participarán na Campaña de Esquí 2019 da Deputación da Coruña

As excursións á neve desenvolveranse entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición antes do 10 de xaneiro...

[Img #47448]

 

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro de 2019, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas  entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios coruñeses

 

Nesta nova edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de tres días de duración cada unha.

 

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.

 

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

Inscrición nos concellos ata o 10 xaneiro

Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o 10 de xaneiro de 2019.

 

A ficha de inscrición e toda a información correspodente á Campaña de Esquí 2019 poderase descargar da páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal/deportes.

 

[Img #47449]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress