Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 27 de diciembre de 2018 | Leída 75 veces

Floristería e regalos Casbo, primeiro premio do 23º concurso de escaparates de Nadal do concello da Laracha

Agrotusset, Agrícola Castiñeira, O Casillero e Canela y Pimienta foron os outros catro premiados. O Concello da Laracha reparte 800 euros en premios neste certame. O xurado estivo formado por representantes municipais e a presidenta de ACSIL...

[Img #47444]O xurado da 23ª edición do concurso de escaparates de Nadal –composto por representantes municipais e Concha Iglesias, a presidenta da Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha (ACSIL)- que cada ano convoca o Concello da Laracha reuniuse onte pola tarde para visitar e valorar os locais participantes no certame, situados todos eles nas vilas da Laracha e Paiosaco e na parroquia de Cabovilaño.

 

Acordouse conceder o primeiro premio a Floristería e Regalos Casbo, o establecemento comercial situado na Avenida Bergantiños de Paiosaco. A decisión tomouse valorando o esforzo de cada traballo segundo criterios de creatividade, orixinalidade, iluminación e composición comercial.

 

O Concello da Laracha reparte en total 800 euros en premios neste concurso, cuxos obxectivos son o apoio ao comercio local e o fomento da realización de composicións orixinais e chamativas nos seus escaparates, potenciando ademais que os establecementos das rúas do municipio presenten nestas festas unha imaxe característica do Nadal que se combine coa decoración e a iluminación instalada polo propio Concello.

 

[Img #47445]A relación completa de galardoados nesta edición do certame é a seguinte

  • 1º premio (300 euros): Floristería-Regalos Casbo (Avenida Bergantiños, 25. Paiosaco).
  • 2º premio (200 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2. Paiosaco).
  • 3º premio (150 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida Doutor López Astray, 74. A Laracha).
  • 4º premio (100 euros): O Casillero. Materiales de construcción (A Braña Grande, Cabovilaño).
  • 5º premio (50 euros): Canela y Pimienta. Repostería (Rúa José Manuel Ferreira Penedo, A Laracha).

[Img #47446]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress