Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 27 de diciembre de 2018 | Leída 10 veces

A Deputación da Coruña avanza na promoción de proxectos culturais pola igualdade coa convocatoria do Concurso Luísa Villalta

As áreas de Cultura e Igualdade apoian dez novas iniciativas coa segunda edición do premio...

[Img #47443]

 

As áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña convocan por segunda vez o Concurso Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade polo que na primeira edición se apoiaron dez iniciativas encamiñadas a eliminar o machismo desde a cultura. O prazo de presentación de candidaturas será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación no BOP este mércores 26 de decembro.

 

O concurso Luísa Villalta da Deputación da Coruña está destinado a premiar o desenvolvemento de dez propostas artísticas e iniciativas culturais anuais que promovan socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura. Poderanse presentar proxectos orixinais e inéditos que se desenvolvan parcial ou totalmente ao longo deste ano nos distintos campos artísticos do son, a palabra, a escena as artes plásticas, a imaxe ou outros contornos creativos como arte urbana ou dixital.

 

As áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña suman forzas para promover  esta convocatoria pola que o pasado ano se apoiaron dez proxectos que ían desde iniciativas audiovisuais que recuperaban a memoria das mulleres a propostas artísticas singulares con mulleres como protagonistas. Poderán presentarse proxectos que se inicien no ano 2018 e finalicen antes do 31 de marzo de 2020 e deberán referirse a campos artísticos como o son, a palabra, a escena, as artes plásticas, a imaxe ou outros contornos creativos

 

"Por segunda vez convocamos este concurso que quere ser unha proposta transversal para favorecer proxectos relacionados coa igualdade das mulleres desde o ámbito da cultura, liña para nós fundamental que responde a un traballo que xa existe por parte de colectivos ou persoas que levan anos afondando nesta perspectiva", destaca a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, dunha liña central da área que dirixe na que, xunto co Concurso Luísa Villalta, convócanse outras iniciativas como o Premio Begoña Caamaño de proxectos culturais pola igualdade ou o Concepción Arenal de proxectos culturais pola igualdade.

 

A deputada de Igualdade, Ánxela Franco, destacou que desde a Deputación da Coruña están as áreas de Cultura e Igualdade está a desenvolver "un importante e continuado labor pola igualdade desde a cultura con proxectos como os dez apoiados na pasada edición que foron un avance en liñas de traballo de especial interese para a eliminación do machismo".

 

Na pasada convocatoria destináronse 174.000 € a apoiar dez proxectos con variedade de propostas, algunha con formatos moi innovadores, que van desde proxectos audiovisuais, documentais e ficcionais, a realización dun festival de creadoras, a difusión do traballo das pioneiras en distintos ámbitos ou a recuperación da participación das mulleres no mundo do traballo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress