Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 27 de diciembre de 2018 | Leída 20 veces

O conselleiro de Sanidade visita as obras do punto de atención continuada da Laracha

A obra, na que o Sergas inviste máis dun millóns de euros, xa ten a estrutura rematada e está a executrarse a cuberta. Beneficiará a máis de 15.000 habitantes de Laracha e Cerceda, ámbito de cobertura do PAC. Esta nova instalación da rede sanitaria pública galega terá unha superficie de máis de 600 metros cadrados, e permitirá liberar os espazos do centro de saúde...

[Img #47442]O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou onte pola mañá os traballos de ampliación do centro de saúde para a construción do Punto de Atención Continuada da Laracha (A Coruña). A obra atópase en execución e xa ten a estrutura rematada, actualmente está a executarse a cuberta e proximamente procederase á impermeabilización da mesma; tamén se está instalando o material de illamento dos pechamentos exteriores.

 

O Servizo Galego de Saúde inviste nesta infraestrutura un total de 1.070.608 euros. A actuación beneficiará a arredor de 15.800 habitantes de Laracha e Cerceda, aos que dá cobertura o PAC. En total, no concello de Laracha aténdese a 10.655 habitantes, dos que 1.237 están en idade pediátrica.

 

O novo Punto de Atención Continuada da Laracha constrúese ao carón do centro de saúde. Esta instalación da rede sanitaria pública galega terá unha superficie de 613 metros cadrados construídos e contará cunha sala de reanimación e observación, dúas consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha consulta polivalente, recepción, dormitorios e sala de descanso para o persoal de garda, entre outras dependencias. A infraestrutura permitirá liberar os espazos do centro de saúde para cubrir as necesidades detectadas para a atención ordinaria.

 

O obxectivo é construír un edificio cun material de orixe natural cuxo proceso produtivo en relación a outros produtos industrializados ofrece menos residuos, require un baixo consumo enerxético e respecta a natureza e o medio ambiente, é pódese dicir que é 100% renovable. Tívose, pois, en conta, a eficiencia medio ambiental do edificio, procurando achegarse aos parámetros de consumo case nulo que en breve serán de aplicación obrigatoria para os edificios públicos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress