Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 26 de diciembre de 2018 | Leída 8 veces

O Concello adxudicará a próxima semana os dous proxectos previstos no Plan Especial de equipamentos educativos do instituto

Abrirase unha nova estrada para comunicar directamente a avenida Manuel Fraga Iribarne coa 1ª Travesía Doutor López Astray. Crearase unha pista multideportiva de uso libre xunto ao IES Agra de Leborís. Investiranse máis de 80.000 euros procedentes integramente de fondos municipais...

O Concello da Laracha ten previsto adxudicar a próxima semana os dous proxectos contemplados no Plan Especial de Equipamentos Educativos do IES Agra de Leborís da Laracha, actuacións que teñen por finalidade mellorar as comunicacións no entorno do centro de ensino e crear novos equipamentos dotacionais nas súas inmediacións.

 

Un dos proxectos consiste na apertura dunha nova vía que discorrerá pola parte posterior do instituto e que comunicará directamente a avenida Manuel Fraga Iribarne coa 1ª travesía Doutor López Astray, creándose unha circunvalación para facilitar os accesos entre a zona de Santa Lucía (inicio da estrada A Laracha-A Silva) e a vía A Laracha-Soandres (Avenida Doutor López Astray).

 

A outra actuación trátase da construción dunha pista multideportiva descuberta de uso libre coa que se aumentarán os espazos deportivos dispoñibles para a veciñanza na capital municipal.

 

Cada unha destas actuacións ten un orzamento próximo aos 40.000 euros, polo que o investimento a realizar situarase en torno aos 80.000 euros a financiar integramente con fondos municipais. A isto engádense os máis de 57.000 euros que o Concello da Laracha destinou á adquisición dos 9.500 metros cadrados de superficie que suman os terreos afectados polas obras proxectadas.

 

Deste xeito o Concello da Laracha aposta por acometer dúas importantes actuacións de mellora das infraestruturas públicas xunto ao IES Agra de Leborís, pero das que se poderán beneficiar o conxunto da cidadanía do municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress