Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 21 de diciembre de 2018 | Leída 84 veces
A LARACHA

Farmamundi presenta na Laracha unha exposición fotográfica sobre equidade de xénero e saúde

A ONG achega a Galicia unha exposición para implicar ao estudantado universitario na defensa do dereito á saúde con equidade...

[Img #47414]

 

Farmamundi presentou onte a exposición fotográfica “Equidade de xénero e saúde global” no Centro Sociocultural de Paiosaco co fin de mobilizar, xerar conciencia crítica e promover unha reflexión na sociedade galega sobre a desigualdade por cuestión de xénero no acceso á saúde a nivel global.

 

Doce fotografías realizadas e seleccionadas polo alumnado que asistiu a obradoiros de fotografía social, organizados por Farmamundi en colaboración con FFotoeduca Galiza e a Universidade de Santiago de Compostela en outubro, expoñeranse ata o 27 de decembro no Concello da Laracha. A violencia de xénero, a saúde sexual e reprodutiva ou a hipermedicalización das mulleres, son algúns dos temas que o alumnado abordou nas súas creacións fotográficas.

 

“O obxectivo destas actividades é mellorar a sensibilización, coñecemento e implicación de sectores crave da cidadanía galega en xeral, en especial do estudantado universitario, con respecto á equidade por cuestión de xénero no acceso á saúde en realidades xeograficamente afastadas e na nosa contorna máis próxima”, comentou a técnica de Educación para o Desenvolvemento en Farmamundi Galicia, Noa Rodríguez.

 

As visións das persoas participantes sobre como as mulleres acceden de forma desigual aos seus dereitos no ámbito da saúde provocan a reflexión sobre esta situación. É o obxectivo marcado polo proxecto do que forman parte estas actividades, denominado “Repensando o dereito á saúde desde o cine, a fotografía e o teatro social. Sensibilización do estudantado universitario galego en materia de DD. HH., acceso á saúde e equidade de xénero”, financiado por Cooperación Galega – Xunta de Galicia.

 

Farmamundi celebra o seu 25 aniversario en 2018 dando protagonismo aos 16 millóns de persoas que recibiron atención sanitaria en 70 países. Melloraron a súa calidade de vida grazas á realización de 388 proxectos de cooperación ao desenvolvemento e a subministración de 2.340 toneladas de medicamentos e material sanitario en 6.723 envíos. Arroupada pola profesión farmacéutica, a ONG reivindica o dereito á saúde de todas as persoas con igualdade e defende un maior acceso aos medicamentos esenciais.

 

A exposición poderase visitar durante o horario de apertura do centro sociocultural de Paiosaco, de 15:30 a 20:00 horas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress