Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 21 de diciembre de 2018 | Leída 15 veces

Adxudicada a execución do proxecto de urbanización parcial do campo da Insua de Caión

O Concello investirá 258.000 na apertura dunha nova estrada entre a rúa do Carme e a Avenida Méndez Núñez. Tamén foi adxudicado o proxecto de mellora da rede viaria en Erboedo, Lemaio, Torás e Vilaño valorado en 154.000 euros. Na Xunta de Goberno Local concedéronse, ademais, 15 licencias urbanísticas...

A Xunta de Goberno Local, reunida onte en sesión ordinaria, acordou adxudicar á empresa construtora BCNOR a execución do proxecto de urbanización parcial do Campo da Insua de Caión por ter presentado a mellor oferta das vinte e tres que concorreron ao procedemento de contratación.

 

A actuación –promovida polo Concello da Laracha e financiada integramente con fondos municipais- ten por finalidade esencial abrir dunha nova vía que enlace a rúa do Carme coa Avenida Méndez Núñez. Está valorada en 258.000 euros e suporá unha mellora substancial nas comunicacións peonís e rodadas nesta zona residencial situada a carón do paseo marítimo, moi preto tamén do colexio de Caión, do cemiterio vello, do consultorio médico e do futuro Centro Comunitario “Costa da Morte”, que se levantará neste lugar.

 

O ámbito de actuación da área a urbanizar alcanza os dous mil metros cadrados de superficie, sobre os que se construirá unha estrada de sete metros de anchura (un carril de 3,5 metros de amplitude para cada dirección) máis zonas de aparcamento a ambos lados, beirarrúas e espazos axardinados. Contémplanse, tamén, melloras nas redes de abastecemento de auga e de saneamento, a rede de recollida de augas pluviais e as canalizacións soterradas dos servizos eléctricos, telecomunicacións e iluminación pública.

 

Por outra banda, na sesión tamén se acordou adxudicar a Excavaciones Cernadas Valiña S.L. un proxecto de mellora da rede viaria valorado en 154.000 euros e que inclúe actuacións nas parroquias de Erboedo (estrada A Fraga-Vista Alegre), Lemaio (estrada O Ramo-O Igrexario), Torás (estrada Estramil-DP 1913) e Vilaño (estradas en Fonte da Canle, Marfulo e Quintáns).

 

Salientar, por último, a concesión de quince licencias urbanísticas, das cales catro son para a construción de vivendas unifamiliares.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress