Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 21 de diciembre de 2018 | Leída 40 veces

Finalizan os cursos formativos organizados pola Cámara de Comercio en colaboración co concello

Onte celebrouse o acto de clausura no centro sociocultural de Lendo. O programa foi dirixido a mozos menores de 30 anos de idade. 7 dos 19 participantes xa atoparon un posto de traballo...

[Img #47413]

 

Os cursos formativos para mozos de ata trinta anos de idade que se impartiron no Concello da Laracha baixo a organización da Cámara de Comercio da Coruña remataron onte coa celebración do acto de clausura nas instalacións do centro sociocultural de Lendo, ao que asistiron o alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Rocío López e Jesús Souto.

 

Este programa formativo tivo por finalidade esencial ampliar os coñecementos e capacidades profesionais de mozos de entre 18 e 30 anos de idade e inscritos no Fichero Nacional de Garantía Juvenil para mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles novas posibilidades de integración no mercado laboral.

 

Estivo dividido en dúas partes. A primeira consistiu na formación troncal común para todos os alumnos, cunha duración de 65 horas. A continuación leváronse a cabo as accións formativas específicas, segregando aos participantes entre os que realizaron o módulo de persoal de tenda e o de hostalería e turismo. En ambos casos foron outras 120 horas lectivas.

 

José Manuel López Varela mostrouse agradecido á Cámara de Comercio da Coruña por ter escollido o Concello da Laracha  para desenvolver cursos destas características, xa que son unha excelente posibilidade para a inserción no mercado laboral e para “reducir o paro, especialmente o xuvenil, que é unha das cuestións que máis nos preocupa no grupo de goberno”.

 

María Fernández, en representación da empresa Cendá Gestión Creativa -encargada de impartir as accións formativas-, explicou que dos dezanove alumnos que iniciaron os cursos a mediados de outubro soamente o remataron doce porque os outros sete atoparon emprego neste período de apenas dous meses. Concluíu agradecendo a “xenerosidade do alcalde” por permitir que participasen alumnos procedentes doutros municipios como Cerceda e Carballo, aínda que a maior parte foron veciños do termo municipal da Laracha.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress