Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 20 de diciembre de 2018 | Leída 14 veces

Aprobada por unanimidade a proposta do goberno local para destinar os fondos do POS+2019

Con cargo a este programa o Concello da Laracha percibirá en total un millóns de euros, cen mil euros menos que na anualidade anterior. Están proxectadas actuacións de mellora viaria nos tres núcleos urbanos e nas parroquias. Adiantouse que a próxima semana se celebrará o Pleno dos orzamentos xerais para o exercicio 2019...

[Img #47410]O Pleno do Concello da Laracha aprobou onte, por unanimidade dos tres grupos políticos presentes, a proposta do equipo de goberno para destinar os fondos do plan provincial POS+2019. Presidiu a sesión o tenente alcalde José Ramón Martínez Barbeito ao escusar a súa ausencia o alcalde, José Manuel López Varela.

 

Con cargo ao POS+2019 o Concello da Laracha percibirá un total de 1.000.213,46 euros -100.000 euros menos que na anterior anualidade do programa- divididos en tres tipos de achegas diferentes. Por unha parte, 353.578,25 euros corresponden á aportación para a execución de obras. Outros 263.283,24 son o préstamo provincial para o financiamento de proxecto de mellora das infraestruturas públicas municipais. Por último, 383.351,97 euros destinaranse a gasto corrente. Ademais, inclúense no POS+2019 Complementario proxectos por valor doutros 261.670,86 euros.

 

As actuacións que o Concello da Laracha prevé desenvolver, incluíndo as que se financiarán directamente cos fondos do programa, as que se acometerán con cargo ao préstamo provincial e tamén as contempladas no POS+ Complementario, teñen por finalidade a mellora da rede viaria municipal tanto no rural como nos núcleos urbanos. A relación completa de obras que se desenvolverán é a seguinte:

 

  • Parroquia de Torás: No núcleo urbano de A Laracha, humanización das rúas Uruguai, David Mallo Gómez, 1ª Travesía David Mallo Gómez, Arxentina, Santiago, Avenida Buenos Aires e un tramo da Avenida Fisterra. Tamén se mellorarán estradas nos núcleos de A Barreira, Riotorto, Gabenlle, A Gándara e Estramil.
  • Parroquia de Lestón: No núcleo urbano de Paiosaco, melloras nas rúas Barreira, Blanco Amor, 2ª e 3ª travesías Avenida e estrada entre a rúa José Loureiro González e o núcleo de Lestón. Tamén se intervirá nunha estrada do núcleo de O Castro.
  • Parroquia de Cabovilaño: Estradas A Teixoeira-A Cachara-A Braña e núcleos de A Teixoeira e Os Mouriños.
  • Parroquia de Vilaño: Estradas Vista Alegre-A Barreira, A Barreira-A Ribela, A Areosa-Amboade e núcleo de A Areosa.
  • Parroquia de Lendo: Estrada A Xesteira-A Torre.
  • Parroquia de Coiro: Estrada en Os Muíños de Arriba.
  • Parroquia de Caión: Estrada en A Pedreira.
  • Parroquia de Soandres: Estrada en Santa Baia.
  • Actuacións de mellora da sinalización horizontal e vertical para o reforzamento da seguridade na rede viaria municipal.

 

Antes de levantar a sesión, José Ramón Martínez Barbeito tamén avanzou que a próxima semana será convocado outro Pleno ao que se elevarán os orzamentos xerais municipais para o exercicio 2019. A correspondente Comisión Informativa celebrarase este venres.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress