Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 18 de diciembre de 2018 | Leída 41 veces

Comezou o festival de teatro infantil do programa municipal Nadal

Asistirán en total 826 alumnos dos colexios do municipio. Teatro Ghazafelhos puxo hoxe en escena o seu espectáculo Rubicundo, que repetirá o mércores en Paiosaco. Hoxe será a quenda para Os Rockenstein, de Malasombra Producións. Cada xornada complétase coa visita de Papá Noel...

[Img #47388]O Concello da Laracha comezou a desenvolver as primeiras actividades da programa municipal de Nadal, propostas iniciais que van dirixidas na súa totalidade aos colexios nas xornadas previas ás vacacións.

 

A Casa da Cultura da Laracha acolleu onte a obra de teatro infantil Rubicundo que puxo en escena a compañía Teatro Ghazafelhos en dous pases desenvolvidos onte pola mañá e aos que asistiron como público 323 alumnos de 4º e 5º de infantil e 1º e 2º de primaria do CEIP Otero Pedrayo da Laracha, así como os dez nenos da EEI de Cumiáns (Montemaior).

 

A este mesmo espectáculo asistirán o mércores pola mañá no centro sociocultural de Paiosaco, os 172 alumnos do CEIP Alfredo Braás desa localidade.

 

Antes, hoxe martes, será a quenda para os nenos de 3º, 4º e 5º de primaria do CEIP Otero Pedrayo e do alumnado do CEIP de Caión. Serán en total 341 rapaces o público da peza Os Rockenstein, un musical a cargo da compañía Malasombra Producións.

 

Para complementar estas xornadas lúdicas, educativas e festivas, despois de cada espectáculo teatral os nenos reciben a visita de Papá Noel acompañado por unha das súas elfas.

 

[Img #47389]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress