Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 14 de diciembre de 2018 | Leída 33 veces
CAMBRE

A Concellaría de Deporte organiza unha carreira popular en piragua polo río Mero e a ría do Burgo para o último día do ano

Brais Cubeiro: “Pretendemos poñer en valor a riqueza da nosa ría e denunciar o seu abandono. Trátase tamén dunha forma lúdica de rematar o ano en colaboración coas entidades deportivas e asociativas de Cambre”…

[Img #47366]

 

A cita será o luns 31 ás 11:30 no paseo marítimo á altura dos muiños da Barcala, onde se xuntan as augas do río Mero e a ría do Burgo – ven de anunciar o edil de Deporte, Brais Cubeiro – cun itinerario que irá da ponte medieval do Temple á presa da Telva, onde se situará o punto de retorno para as piraguas participantes”.

 

Segundo afirmou Cubeiro: “O Concello está a organizar un evento que disporá de case medio cento de piraguas, 90 prazas, para uso libre e gratuito de toda aquela xente de Cambre que queira participar desta actividade. O prazo de inscrición vai do 14 ao 26 de  decembro de  2018, en caso de ser necesario haberá un sorteo o día 27 e a comunicación das admitidas realizarase ese mesmo día.

 

Para formalizar a inscrición será necesario enviar  un correo electrónico a deportes@cambre.org coa folla de inscrición cumprimentada.  Lembrar que as menores de 9 anos deberán ir acompañadas da nai/pai/titora legal e que é imprescindible saber nada para participar na actividade. O público poderá seguir o evento nas marxes da ría e nas pontes do río, a seguiridade está garantida grazas á presenza dunha equipa de salvamento acuático baixo o mando da Protección Civil de Cambre”.

 

En palabras do máximo responsábel do Deporte municipal de Cambre “esta iniciativa, forma parte da programación especial que dende a Área de Cultura, Deporte e Mobilidade se está a poñer en marcha neste Nadal en Cambre, e forma parte dunha aposta decidida por chegar a un público cada vez máis amplo e diverso”.

 

Sinalou Brais Cubeiro que “son moitos os concellos que fan a súa San Silvestre o fin de ano, pero a de Cambre será especial, terá un valor engadido que a fai única, xa que ningunha discorre por un cauce fluvial e marítimo nin se realiza man a man co deporte de base, neste caso coa colaboración entusiasta do Clube Naútico de Cambre”, rematou o concelleiro. #carreira popular en piragua polo Mero.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress