Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 13 de diciembre de 2018 | Leída 27 veces
ARTEIXO

O humor regresa a Arteixo da man de Tito Rober e da compañía madrileña La Estampida

Este venres 21 de decembro a Concellaría de Cultura e Festas propón dous espectáculos para adultos cargados de humor para dar a benvida a tempada de ceas do Nadal...

[Img #47356]

 

No Auditorio do CSC de Meicende, ás 20:00 h, o humorista Tito Rober descubriranos “A vida e milagres do zume de laranxa”, un monólogo que nos fala das peripecias dun neno ourensán, nacido no seo dunha familia humilde, coa única influencia feminina da súa nai (obsesionada coas vitaminas). Rober aproveitará para facer sarcasmo das etapas esenciais da vida de toda persoa, intercalando medos e experiencias propias, e facendo mordaces comparacións coa vida da mocidade actual.

 

Con invitación, que se poderá recoller 1 h antes na Conserxería do CSC de Meicende.

 

No Auditorio do CCC de Arteixo, ás 20:45 h, visitaranos La Estampida, unha compañía procedente de Madrid, con Lo nunca visto, un espectáculo teatral dirixido por José Troncoso. A un mes do peche por falta de pagamentos do seu estudo, unha decrépita profesora de danza e teatro para nenas, decide que é o momento do "agora ou nunca" e realizar un espectáculo revolucionario: "Lo Nunca Visto". Sen talento, sen diñeiro e xa sen alumnas nas súas clases, lánzase a recrutar a “artistas comprometidos” para a súa causa. Só acudirán á súa chamada dúas das súas exalumnas: unha yonki galega e un ama de casa recentemente fuxida.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress