Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 8 de diciembre de 2018 | Leída 9 veces

Cambre presenta a campaña de comercio local de Nadal “En Nadal compra en Cambre ten premio”

Haberá 15.000 euros en premios directos “agochados nos rasca e gaña” e 75 cestas de Nadal. O Concello aumentou o investimento desta campaña da Nadal polo que este ano destináronse 55.000 euros…

[Img #47335]

 

A concelleira de Promoción Económica, Leonor Fernández, presentou onte a campaña de comercio do Nadal “En Nadal comprar en Cambre ten premio” que ten como obxectivo dinamizar e potenciar ao pequeno e mediano comercio e á hostalería cambresa en época do Nadal. Este ano o Concello aposta pola animación das zonas máis comerciais do municipio. Mesmo levou a cabo unha iluminación do Nadal nas principais rúas das zonas urbanas para mellorar a imaxe das mesmas en horario de tarde.

 

Este ano o Concello aumentou o investimento desta campaña da Nadal polo que este ano destináronse 55.000 euros. Segundo a propia concelleira de Promoción Económica, nesta edición o obxectivo é crear un ambiente navideño polas rúas de O Temple, Cambre e A Barcala polo que se instalará ademais da iluminación do Nadal decoración nas rúas con motivos de Nadal (árbores iluminadas, trineos, adornos de gran tamaño, cabanas do Nadal, etc.)

 

Tamén un fío musical polas rúas comerciais, animación e decorarase cada establecemento comercial cunha árbore de nadal natural que se repartirán entre os comerciantes e a hostalaría de Cambre, de xeito que engalanen as nosas rúas e animen ao movemento nas mesmas.

 

No marco da campaña destaca o Rasca e Gaña que este ano repartirá 34.000 boletos, que agochan 219 premios) entre todos os establecementos do municipio e onde os clientes ao facer calquera compra optan a bonos para gastar nas tendas de cambre de 5, 10, 20, 30, 100 euros para facer as súas compras de nadal antes do 6 de xaneiro e haberá bonos especiais de 200, 300 e 500 euros para gastar durante o mes de febreiro. Os bonos de compra repartidos esconden premios por un total de 15.000 euros. Os rascas repartiranse desde hoxe nos máis de 160 establecementos inscritos na acción promocional e que se dedican ao comercio, hostalería ou barbería ou estética. Por outra banda, tamén poderán tocar as 75 cestas de Nadal valoradas desde 60 euros ata os 250 euros.

 

Este ano para lograr unha maior atracción aos comercios cambreses programouse unha exhaustiva programación cultural con concertos, máxia, xogos, etc, etc. Vanse programar entre 16 actuacións de animación de rúa para o público en xeral pero especialmente para os mais pequenos, con temáticas relacionadas co Nadal. As actuacións estarán distribuídas entre O Temple, A Barcala e Cambre.

 

Leonor Fernández asegura que se trata de crear un ambiente comercial propicio para axudar e fomentar ao comercio de proximidade que en Cambre é de gran calidade, competitivo e moi atractivo para os clientes da área. “Mercar en nos comercios do municipio terá premio e ademais divertido”.

 

 

Programacion cultural de Nadal

  • 14/12 Feira do Temple: Artestudio Teatro “O Elfo de Papá Noel” ás 11:00 e Mago Rafa “Momentos Máxicos”, espectáculo de maxia ás 13:00 na área de xogos da rúa Celso Emilio Ferreiro.
  • 22/12 A Trastenda dos Contos (Felipe Díaz, Caxoto) “O Apalpador conta con vós”, contos para O Nadal ás 13:00 na área de xogos do Paseo Marítimo.
  • 24/12 Martín Camiña “Momentos de asombro”, espectáculo de maxia para todos os públicos, ás 13:00 na praza Manuel Murguía.
  • 26/12 Pablo Díaz “Coas miñas mans”, concerto presentando o seu novo disco para toda a familia ás 17:00 na área de xogos da rúa Celso Emilio Ferreiro.
  • 02/01 Pakolas (Paco Cerdeira) “As parábolas de Pakolas”, concerto repleto de entretemento e ensinanzas ás 17:00 na praza Manuel Murguía.
  • 03/01 Artestudio Teatro “Avó”, peza teatral onde o protagonista lembra momentos e vivencias compartidas co seu avó, ás 17:00 na área de xogos do Paseo Marítimo.
  • 05/01 Paco Nogueiras “Brinca vai!”, concerto cheo de xogos e ledicia ás 13:00 na praza Manuel Murguía

 

Cambre               

  • 16/12 Feira de Cambre: Cía Exire “Obradoiros de danza” ás 11:00 e “Orixe”, espectáculo de danza sobre a historia do hip hop ás 13:00 no Campo da Feira.
  • 28/12 Artestudio Teatro “Obradoiro de xogos populares” para compartir en familia, ás 17:00 no Parque da Igrexa de Cambre.
  • 30/12 O Capitán Garfo, “Cociñando música”, concerto de pop electrónico con vontade didáctica ás 13:00 no Parque da Igrexa de Cambre.
  • 02/01 Feira de Cambre: Artestudio Teatro “O paxe dos reis magos” ás 11:00 e “Animaliños”, contos da tradición oral de todo o Mundo, ás 13:00 no Campo da Feira.

 

A Barcala

  • 21/12 Raquel Queizás “Ven a conto”,  contos para vencer a soidade e gañar amigos, ás 17:00 na praza 1º de maio.
  • 04/01 Mago Román “Labirinto de ilusións”, espectáculo de maxia visual, sorpresas e comedia, ás 17:00 na praza 1º de Maio.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress