Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 6 de diciembre de 2018 | Leída 25 veces

O Punto Limpo da Laracha pechará os días 7, 24 e 31 de decembro

Por descanso do persoal do Centro Especial de Emprego ASPABER, a entidade concesionaria da xestión do servizo. No resto do mes o horario de apertura será o habitual...

[Img #47329]

 

As instalacións do punto limpo da Laracha estarán pechas ao público os días 7, 24 e 31 de decembro por descanso do persoal do Centro Especial de Emprego ASPABER, a entidade concesionaria da xestión deste servizo municipal. Nesas datas tampouco se prestarán os servizos complementarios como o de recollida de voluminosos a domicilio.

 

No resto do mes o horario de apertura será o habitual

  • Luns de 15:00 a 20:00 horas.
  • Mércores e venres de 16:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

 

O Punto Limpo da Laracha é un servizo totalmente gratuíto para os usuarios que está a disposición de todos os veciños do municipio no Formigueiro, moi preto do casco urbano da Laracha. A esta instalación deben levarse os residuos que, polas súas características, non poden depositarse nos colectores habituais, ademais de ofertarse o servizo de recollida gratuíta a domicilio de voluminosos como electrodomésticos, mobles, sofás, etc.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress