Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 6 de diciembre de 2018 | Leída 14 veces
A LARACHA

O venres, dobre proposta cultural co último espectáculo de Os Bolechas e a proxección do filme Sicixia

O evento dirixido ao público infantil será a partir das 18:00 horas. A longametraxe de Ignacio Vilar poderase ver desde as 21:00 horas. En ambos casos será na Casa da Cultura da Laracha, con entrada libre e gratuíta...

O Concello da Laracha propón unha dobre oferta cultural e de ocio para este venres na Casa da Cultura.

 

A primeira cita vai dirixida ao público infantil e familiar. A partir das 18:00 horas Os Bolechas protagonizan o espectáculo Terrícolas igualiños igualiñas. Trátase dun espectáculo participativo cunha temática que xira arredor dos valores que promove a Constitución Española, que nestes días cumpre 40 anos de vixencia. Os Bolechas solicitarán a intervención do público en diferentes probas e establecerán un diálogo cos rapaces e rapazas acerca de valores como a igualdade, a non discriminación e a liberdade de expresión.

 
O evento forma parte do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e realízase en virtude da pertenza do Concello da Laracha á Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

 

Xa pola noite, a partir das 21:00 horas, proxectarase o filme Sicixia, dirixido por Ignacio Vilar, protagonizado por Monti Castiñeiras e Marta Lado e rodado integramente na Costa da Morte. É recomendado para maiores de doce anos de idade.

 

A proxección faise no marco do convenio de colaboración entre o Concello da Laracha e a produtora da longametraxe, Vía Láctea Filmes, para a súa promoción e difusión.

 

En ambos casos, tanto no espectáculo de Os Bolechas como na proxección do filme, a entrada é libre e gratuíta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress