Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 6 de diciembre de 2018 | Leída 13 veces
CAMBRE

Derrubadas as tres edificacións que permitirán abrir a rúa do Balado e crear unha praza pública

Tras as demolicións levarase a cabo un proxecto, financiado co superávit municipal, e que xa está en licitación, que reformará este espazo nunha praza pública e na apertura do viario…

[Img #47324]Onte finalizou o derrube da terceira das casas da rúa Balado. Agora logrouse o obxectivo de eliminar o derrube o tapón entre a rúa balado e a AC-214, tras as tres demolicións que deixaron libre un solar que este ano convertirase nunca nova praza pública cunha marquesiña para o transporte urbano.

 

O proceso demorouse xa que a propietaria dunha das casas recurriu ao TSXG a catalogación do seu inmoble como ruína. A xustiza deulle a razón ao Concello este verán sobre o estado reuinoso do inmoble o que permitiu comezar o derrube e abrir a rúa para crear un espazo público nunca vindeira actuación.

 

[Img #47325]A obra denominada reordenación ámbito urbano AC-14 entrada Rúa Balado xa está en contratación e espérase que a principios de ano comecen a obra da nova praza.

 

Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, o obxectivo é crear calidade urbana, ter máis espazos públicos e mellorar a accesibilidade no centro do municipio. “A apertura desde vial é unha vella demanda histórica que estaba nun caixón e que sacamos para mellorar Cambre velando polo interese xeral”.

 

[Img #47326]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress