Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 5 de diciembre de 2018 | Leída 40 veces
baloncesto

Crónica xornada CB Laracha

Senior masculino. Senior femenino. Junior femenino...

[Img #47314]

 

Senior masculino

C.B. Laracha M3 75 - 60 Moneyball Galiwood
Partido correspondente á novena xornada do campionato ligueiro que rematou con victoria do equipo local, que se afianza así na primeira posición. Cabe ter en conta que Maristas, equipo ao que se lle gañou na anterior xornada, conta co mesmo número de derrotas a falta de dous partidos aplazados.


Despois das malas sensacións xeradas nos dous últimos cuartos do partido da xornada anterior, contra o mencionado Maristas, chegaba ao Agra de Leborís un dos rivais máis difíciles da liga. Isto, sumado á calidade dos dous conxuntos, facía prever un encontro digno de outra categoría.


Ante estas circunstancias puidemos ver ao mellor Laracha da tempada, un equipo moi motivado que estivo solidario tanto en defensa como en ataque ao longo dos 40 minutos. 

 


Froito do nivel exposto polo equipo, xa no segundo cuarto se acadarían diferenzas que rondaban os quince puntos e que se materían ata o final do encontro, chegando en algúns tramos a estar preto dos vinte puntos.


Por primeira vez na tempada víuse un Laracha serio en ataque e sen faltas de concentración en defensa durante os corenta minutos do encontro, no que cada xogador que salía do banquillo aportaba minutos de calidade e intensidade.



Por último, agradecer a multitud de afecionados que se acercaron o sábado o pavillón do Instituto a animar ó equipo, esperamos sigamos contando con voso apoio! Gracias.

 

[Img #47313]Senior femenino

Estudiantes Lugo Leyma Natura 53 - 50 CB Laracha Nova Facial

Anotación CB Laracha: Jessi Viña (4), Mili Rodriguez, Bibi Díaz (4), Luci Graña (7, 1 triple), Cris Baldomir, Ana Aldao (6) ,Martina Loureiro (17, 1 triple), Renata González (4), Irene Velo (8, 2 triples).


Gran partido o disputado este domingo en Lugo polas nosas senior, que se enfrentaron a un dos rivais máis fortes desta liga.


O encontro empezou con ambos equipos moi intensos tanto en ataque como en defenda, de ahí que o primerio cuarto rematase con un axustado marcador favorable ao equipo local por un 15-14.


Iniciabase o segundo cuarto cun Laracha moi intenso en defensa, facendo que o equipo rival cometese certos erros no seu ataque e non poidese ter unha boa circulación de balón, podendo solo anotar 8 puntos neste cuarto, pola contra ás nosas, tiveron ataques fluidos, contaataques claros e un bo tiro exterior podendo anotar neste período 16 puntos, e indo ao descanso do partido cunha ventaxa no marcador de 7 puntos.


A volta dos vestiarios, o Estudiantes Lugo Leyma saiu moi agresivo aumentado as suas liñas defensivas propiciando que as larachesas non se sentisen cómodas e levándoas a cometer fallos que aproveitaron as locais para recortar distancias, no que as nosas rapazas souperon aguantar esa alta intensidade proposta polo rival e con un triple de Irene Velo chegouse ao último cuarto do encontro con un empate no marcador 37-37 e todo por decidir.


Comezaba o último cuarto do encontro na mesma liña que o tercerio, cun Estudiantes Lugo moi forte e dominando o xogo, combinando unha defensa individual con unha zona 2x3 que levou as nosas rapazas a entrar nunha dinámica de erros non forzados, que xunto co acerto exterior das locais, lograron acadar unha ventaxa no marcador de 8 puntos. As de Fran Lijo afrontaron os últimos minutos do encontro, lideradas por unha gran Luci Graña conseguindo acortar distancias ás locais, chegando a última xogada do encontro con unha diferencia de 3 puntos, donde as nosas chicas no poideron conseguir o empate, finalizando o partido cunha derrota por 53-50, pero con unhas boas sensacións en canto a xogo, aptitude e competíndolle a un gran rival hasta o final.


Darlle as gracias unha vez mais a nosa junior Ana Aldao pola gran aportación que fai en cada un dos partidos e compromiso que ten co equipo e o club.


Tamén a nosa afición que apoia o equipo en cada partido e as sigue sexa cal sexa o desprazamento, esperamos que disfrutaran de un partido loitado, coa lástima de non conseguir a victoria, pero animadas a seguir mellorando.


O Seguinte encontro das nosas senior terá lugar o Domingo 16 de Diciembre as 17:00 no I.E.S Agra de Leborís contra Compañía Maria Jisma Café Bar.


 

[Img #47315]Junior femenino

CB Laracha 38 - 52 Carnicería Daniel Artai EBX

Anotación CB Laracha: Alejandra Tasende, Helena Bello (5, 1 triple), Carla Fernández (9), Laura Naya (8), Ana Aldao (16), Lucia Tuset. Estela Santos foi baixa no encontro.
Parciais: 8-22 6-16 13-11 11-4.


Este foi o sexto partido da tempada das nosas Junior en casa contra Carniceria Daniel Artai EBX.

 

O partido comezaba cun Laracha con pouca intensidade defensiva, o que propiciou que as visitantes se alonxasen por 8-22 nos primeiros dez minutos do encontro. O segundo cuarto continuou na mesma liña que o anterior, chegando ao descanso cun desfavorable 14-38.

 

Tras a volta dos vestiatiarios, as larachesas plantexaron unha zona 3-2, dificultando, deste modo, o ataque das visitantes, gañando o cuarto por 13-11.

 

Pese a que o CBLaracha contaba con tan só 6 xogadoras, aumentaba as liñas defensivas, recortando distancias no marcador, e impedindo que as visitasen non anotasen máis de dúas canastas neste último cuarto (11-4). Sen embargo, unha mala primeira parte das locais propiciou que o Artai lévase a victoria por un 38-52. Ainda así as nosas guerreiras o deron todo ata o último segundo do partido.

 

Tras haber perdido por 47 puntos no partido de ida, as nosas Junior demostraron todo o seu progreso, e máis tendo en conta número de xogadoras que son. Noraboa polo gran partido!...

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress