Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 5 de diciembre de 2018 | Leída 7 veces
CAMBRE

O Concello investirá máis dun millón de euros nas propostas que decidiron os veciñ@s na campaña de orzamentos participativos “Decidámolo Xuntos”

As achegas con máis votos incluiranse nos orzamentos que o goberno local espera aprobar nas vindeiras semanas. Na fase de votación participaron 507 persoas e emitiron 3043 votos…

Tras a recollida de propostas da campaña de ornamentos participativos Decidámolo Xuntos (máis de 800) houbo unha segunda fase de votación e análise técnico que rematou a pasada semana. Votaron 507 persoas e emitiron 3043 votos.

 

Tras esta fase de votación popular, na que se outorgaban como máximo 20 puntos ás achegas realizadas pola veciñanza, sumáronse os puntos de todas as fases e xa hai resultado final das propostas que entrarán nos ornamentos de 2019.

 

As propostas dos veciños e veciñas supoñen un investimento de máis dun millón de euros e engadiranse ao documento orzamentario que se prevé levar a pleno este mes.

 

Moitas destas propostas finaciaranse co remanente de crédito do 2018  e co Plan de Obras e Servizos da Deputación.

 

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que este ano o proceso evolucionou xa que as propostas foron puntuadas polos técnicos segundo un manual de Intervención  que outorgaba puntos pola viabilidade técnica e ecnoómica, número de propostas e de beneficiaros e por suposto pola votación pública dos veciños e veciñas, un hito histórico para Cambre no eido da Participación.

 

As propostas que obtiveron máis puntos foron as seguintes: Instalación guindastre para personas con mobilidade reducida na piscina Barcala, ampliación do aparcadoiro en Cambre, creación catálogo etnolóxico, habilitar un local  celebración cumpleanos, acondicionamiento da parte alta do local social de Meixigo, mellora xogos infantís en patio CEIP Graxal, senda peonil da Ourensana ata o  Once Caballeros, mellora acceso peatonal ao colexio CEIP Graxal, Saneamento integral en Anceis, parque biosaludable en Altamira e  Bribes, tellado local social Andeiro, arranxar a teitume do local social na Barcala, acondicionar camiño detrás colexio de Lema e  Cruceiro, saneamento en Bribes e conexión rede sumidoiros entorno local social do Apeadeiro de, instalación de aseos no local da pista de Pravio, cementar a entrada do local social de Sigrás, continuar a beirarrúa por diante do local social de Sigrás, saneamento en Sigrás, cementado campo festa San Lourenzo, e cambiar o chan do parque  infantil do local social en  Anceis e Andeiro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress