Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 4 de diciembre de 2018 | Leída 20 veces

A depuradora da Laracha duplica a súa capacidade de tratamento para atender a máis de 7.600 veciños

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou onte os beneficios que traerá aos veciños e veciñas da Laracha a posta en servizo da ampliación e mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais de Formigueiro, cun investimento de case 2 millóns de euros.

[Img #47308]

 

Vázquez Mourelle, acompañada polo delegado territorial da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro, quixo comprobar hoxe o resultado final desta nova e renovada infraestrutura hidráulica executada polo seu departamento, a través de Augas de Galicia. Unha actuación que, tal e como sinalou, permite duplicar a súa capacidade de tratamento, para dar servizo a máis de 7.600 habitantes.

 

Subliñou que o rápido crecemento do municipio motivou que se proxectase esta obra de especial envergadura, coa que se consegue que a depuradora teña capacidade suficiente para asumir tódolos incrementos de caudal.

 

Segundo indicou, nesta actuación incluíuse a remodelación do sistema de pretratamento cunha nova liña e executouse un novo decantador secundario, deixando un espazo previsto por se, nun futuro, pode ser preciso construír un terceiro tanque.

 

A maiores, engadiu, incorporouse unha canle de desinfección mediante ultravioleta –previa ao vertido do efluente ao río Anllóns- para que as augas depuradas cumpran cuns requisitos de calidade máis estritos. Tamén se renovou totalmente a liña de lodos, executouse un novo edificio de control e se completou a actuación cun novo sistema de control e telexestión con alarmas.

 

Detallou que a planta conta tamén cun by-pass e, no exterior, os traballos se complementaron os traballos cunha mellora da estrada que rodea a parcela, creando unha nova entrada na parte posterior da estación depuradora.

 

n definitiva, salientou, unha actuación moi relevante para un servicio esencial no día a día dos cidadáns que, segundo resaltou, sempre contou coa colaboración do Concello da Laracha, encargado de expropiar os terreos necesarios para a ampliación do recinto e poñéndoos á disposición de Augas de Galicia.

 

A conselleira expresou así o compromiso e aposta da Xunta por ofrecer á poboación un sistema de xestión integral do ciclo da auga, ao igual que a maioría das actuacións que se executan en materia de augas e que, neste caso, teñen coma finalidade última mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas da Laracha.

 

Polo tanto, incidiu, actuacións e investimentos concretos, aquí na Laracha, para a mellora do saneamento –a través de fondos europeos- que representan un exemplo de traballo conxunto entre administracións, para lograr obxectivos de desenvolvemento sostible en ámbitos rurais, para garantir aos cidadáns o acceso a uns servizos públicos de calidade, ao tempo que se cumpre coa Directiva Marco da auga.

 

Ethel Vázquez tamén se referiu aos importantes investimentos en materia de estradas e seguridade viaria que está a desenvolver o departamento que dirixe no Concello da Laracha, en total 2,8 millóns de euros en materia de infraestruturas viarias.

 

Neste sentido, avanzou que xa se ten en tramitación varias actuacións de reforzos de firme, que se esperan iniciar ao longo do vindeiro ano, e que se veñen a sumar ás sendas peonís xa rematadas entre Laracha-Paiosaco e Laracha-Cancelo, coas que se transformaron estradas nas que dominaba o automóbil en infraestruturas tamén seguras para os peóns e cunha mellor integración urbanística e na paisaxe.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress