Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 2 de diciembre de 2018 | Leída 7 veces
CAMBRE

A Asociación de Veciños de Sigrás e o Concello cortarán a AC-214 en xaneiro para esixir á Xunta que faga as beirarrúas da Xira e da Casilla

A xunta ten os terreos a súa disposición das dúas actuacións de seguridade viaria e no caso da Xira anunciou o proxecto no 2014 pero fixo ningunha actuación…

[Img #47298]

 

A Asociación de Veciños de Sigrás solicitou o apoio do Concello de Cambre para esixirlle á Xunta a construcción das beirarrúas na AC214, nos tramos dese a N550 ata o Mesón Vasco, na Xira, e da Casilla ata o centro de Cambre. O Concello xa lle remitiu hai anos os terreos e os puxo a disposición do ente autonómico para fecr unas obras que eles mesmos anunciaron a bombo e platillo no 2014. Catro anos despois non se sabe nada delas e o perigo e falta de seguridade para a veciñanza é moi preocupante.

 

A propia asociación enviou no mes de agosto unha carta a Infraestruturas para saber en qué fase se atopaban estas obras pero a día de hoxe non ten desposta da Xunta. Fartos desta situación veciños e concello aunan forzas para lograr que se ejecuten estas beirarrúas.

 

Anuncian que levarán a cabo no mes de  xaneiro un corte na estrada AC214 á altura da Xira como protesta pola desidia do ente autonómico e para que se constate o perigo que corren a diario os seus veciños. O Concello e os veciños fan un chamamento para todos os grupos políticos da Corporación, toda a veciñanza do municipio co obxectivo de aunas forzas para que se fagan as beirarrúas.

 

O Concello de Cambre enviou no mes de abril de 2016 a cesión dos terreos da Xira, en Sigrás, para a realización da actuación en seguridade viaria que anunciou a Consellería de Infraestruturas en 2014. Tamén enviáronse no 2017 as cesións da Casilla do Mesón Vasco ata o centro de Cambre.

 

Tres anos despois da contratación e realización do proxecto construtivo da ampliación da AC-214 desde o Mesón Vasco ata a Nacional 550, non se sabe nada.

 

Segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, enviáronse varios requirimentos de información para saber o estado do proxecto de execución das beirarrúas e a ampliación dun viario que carece de seguridade e que non garante o paso dos veciños da zona de forma segura. Lembra que durante meses o departamento de Urbanismo e especialmente varios veciños de Sigrás levaron a cabo un labor extraordinario para conseguir as cesións dos propietarios das parcelas que lindan coa estrada co obxectivo de facilitar e abaratar os custos á Xunta.

 

“Este vial é unha arteria fundamental de tráfico no noso Concello e non conta coa seguridade para os peóns que se xogan a vida a diario por un escaso arcén e con pouca visibilidade. O que non entendemos e que en 2014 a Xunta anunciase a obra a bombo e platillo e agora non quera saber nada desta. Estaban daquela preto as eleccións supoño, Pero aquí están en xogo vidas e non votos”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress