Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 1 de diciembre de 2018 | Leída 8 veces

O Concello recibe o diploma acreditativo da colaboración co programa Camiño Sen Límites

Impulsado pola Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte. O primeiro roteiro inclusivo deste ano tivo a saída en Caión. Os organizadores están a planificar a edición de 2019, que incluirá unha xornada no termo municipal da Laracha...

[Img #47287]O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e os edís José Ramón Martínez Barbeito e Patricia Bello recibiron onte de mans da Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte o diploma acreditativo da colaboración municipal na organización do programa Camiño sen límites desenvolvido ao longo deste ano 2018.

 

No acto tamén estiveron presentes representantes das Anpas Manuel Murguía (IES Agra de Leborís), O Acevo (CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha) e da do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, así como un axente da Policía Local da Laracha, corpo de seguridade municipal que tamén cooperou na iniciativa.

 

Precisamente o Concello da Laracha foi a punto de partida da primeira das doce etapas da edición deste ano de Camiño sen límites celebrada o pasado día 17 de maio cun percorrido entre Caión e Baldaio. Foi un roteiro inclusivo no que participaron catrocentas persoas entre o alumnado dos centros educativos, profesorado, voluntarios e veciños en xeral.

 

Os organizadores da iniciativa mostráronse moi satisfeitos co resultado desta edición e comunicaron ao Concello que xa está a traballar na planificación da próxima, que terá lugar durante o ano 2019 e que incluirá unha ruta polo termo municipal da Laracha.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress