Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 1 de diciembre de 2018 | Leída 13 veces

Os alumn@s do Obradoiro de Emprego terán como mínimo un contrato asegurado de tres meses de duración nas empresas do sector ao finalizar o proxecto formativo

O goberno local espera acadar nesta ocasión o 100% da inserción dos participantes no obradoiro...

[Img #47285]

 

O Alcalde de Cambre, Óscar García, e a  concelleira de Desenvolvemento socioeconómico, Leonor Fernández, visitaron o obradoiro de emprego “PROXEDIS II, PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade” aprobado pola Xunta de Galicia no que se contrataron un total de 26 persoas desempregadas.  O obxectivo deste proxecto é a cualificación profesional dos traballadores/as no ámbito da atención á dependencia; terceira idade e discapacidade, ó longo de 9 meses.

 

Como novidade, nesta anualidade promoveráse a inserción laboral das persoas participantes, unha vez rematado o proxecto, a través do establecemento de incentivos ás empresas do sector para á contratación laboral temporal de traballadores/as a xornada completa e cun mínimo de 3 meses de duración. Para isto, o Concello de Cambre comprometeuse a conseguir o 100% da inserción laboral.

 

Os 26 desempregados que agora mesmo están contratados durante nove meses co obxectivo de formarse e lograr a súa inserción laboral no sector dos servizos asistenciais. O proxecto desenvolverase en tres fases ao longo das cales os 20 participantes estarán contratados polo concello durante 9 meses.

 

A primeira fase será de formación en alternancia coa práctica, a segunda fase será de traballo real en diversas institucións colaboradoras; Aspace, Aspronaga, Pai Menni, Real Institución Benéfico Social Pai Rubinos, Cáritas Interparroquial e Residencia García Irmáns e a terceira fase, o concello incentivará ás empresas para a contratación laboral dos traballadores/ as que superen e obteñan o certificado de profesionalidade que lles permitirá traballar na ocupación.

 

A duración total do proxecto será dun ano e terá un financiamento de 324.807 euros. Para a súa execución contratarase a un equipo multidisciplinar formado por 6 traballadores/ as: un/a director/a, un/a administrativo/a, dous docentes da rama sociosanitaria, un profesional da orientación laboral e un docente de educación secundaria. O concello de Cambre leva traballando nestes proxectos desde o ano 2012 con magníficos resultados de inserción laboral, neste último ano o índice de inserción fué do 90%.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress