Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 1 de diciembre de 2018 | Leída 53 veces

O Arteixo CCA renova a súa directiva co obxectivo de reinventarse

Nunha multitudinaria asemblea, o pasado 26 de novembro despedíase á directiva do Centro Comercial Aberto de Arteixo. Silvia Cupeiro, a Presidenta saínte, pasa deste xeito a testemuña a Paula Díaz, que xunto a José Manuel Dopico, María Encina González e David Pena teñen a tarefa de dar un cambio sustancial a esta entidade. Ningunha delas estivo antes na directiva, e representan os catro grandes sectores que forman o Arteixo CCA: comercio, servizos, hostalaría e motor...

[Img #47283]Este cambio súmase ao relevo na xerencia do pasado ano de Berta Ramos por Emiliano Cossini, constituíndo así un equipo totalmente distinto ao que había nos anos anteriores.

 

Para Díaz, a nova Presidenta da asociación que engloba o comercio e a hostalaría en Arteixo, o obxectivo claro é «reinventar a nosa asociación». Resaltou a necesidade de «modernizar o CCA para adecualo ás necesidades das pequenas e medianas empresas da nosa vila». Dice Díaz «toca facer unha forte análise das campañas que estabamos a desenvolver, se eran útiles ou non para atraer e manter ós e ás consumidoras en Arteixo e os e as socias se sentían partícipes delas». O equipo que preside ten, entre outros obxectivos «un cambio de prioridades e dinámicas de traballo».

 

«Dende a asociación pódense ofrecer servizos que solucionen problemáticas e necesidades das empresas de Arteixo», resaltaba María Encina González, que será a Vicepresidenta. «Temos moitas ideas que queremos levar a cabo, e queremos presentar en xaneiro un programa no que se vexa que esta entidade está preparada para dar moito máis». A esta presentación convidarán non só aos socios actuais, senón «tamén queremos que asista quen abandonou, por unha ou outra razón, o CCA nos últimos anos», comentaba David Pena.

 

Para el, o feito de ser cada un dun sector diferente, de non ter estado en anteriores directivas ou incluso de non coñecerse aínda moito entre eles non é un hándicap, «máis ben é unha oportunidade», explica. «Vimos con moita enerxía e con moita vontade de traballo, e ser novos nisto axúdanos a que a xente vexa que isto é un antes e un despois».

 

A nova directiva quere que o cambio se note xa na campaña de nadal que presentarán en breves. Unha campaña con agasallos e actividades sorpresa, na que, en palabras de Dopico, «se manterán elementos tradicionais que á xente lle encantan, como o chocolate con churros que ofrecemos durante a cabalgata de reis», pero no que esperan comezar a facer ver que «estamos ante un novo Arteixo CCA».

 

Despediuse á anterior directiva con agasallos e palabras de agradecemento, pois «deron moitas horas da súa vida a isto, quitándollas aos seus negocios e familias, e é un traballo invisible que temos que resaltar e agradecer», dixo Paula Díaz á asemblea.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress