Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de noviembre de 2018 | Leída 26 veces

Galicia contará cun modelo de transporte pensado para o século XXI, con máis de 1.500 liñas renovadas, tarifas únicas e billetes gratuítos para os menores de 19 anos e con mellores prestacións

Feijóo sinala que este plan fixa tres liñas estratéxicas de actuación: fomentar a mobilidade en todos os núcleos de poboación de Galicia, potenciar o uso do transporte público e facilitar a intermobilidade para reforzar o transporte público fronte ao vehículo particular. Explica que logo dun primeiro proceso de información pública sobre as bases que guían este plan, a comezos do vindeiro ano someterase a información pública coa previsión de que os servizos comecen a funcionar a finais de 2019. Di que os criterios de adxudicación dos novos contratos primarán a calidade sobre a oferta económica, e especificamente incluirán a renovación da frota...

[Img #47282]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do Plan de Transporte Público de Galicia que permitirá modernizar o transporte regular de viaxeiros por estrada e poñer en marcha un modelo que se adapte ás necesidades de mobilidade dos galegos do século XXI.

 

“En definitiva, un modelo de transporte con máis de 1.500 liñas renovadas; con billetes gratuítos para os menores de 19 anos, estendendo ao conxunto de Galicia os descontos do Plan de Transporte Metropolitano; con máis liñas á disposición do rural; cunha atención específica ao Xacobeo 2021 e con mellores prestacións, a través de autobuses máis modernos e máis accesibles”, explicou.


Para acadar estas metas, o titular da Xunta explicou que este plan fixa tres liñas estratéxicas de actuación: fomentar a mobilidade en todos os núcleos de poboación de Galicia, e en condicións de calidade e eficiencia; potenciar o uso do transporte público, con diferentes facilidades aos usuarios; e facilitar a intermobilidade para reforzar o transporte público fronte ao vehículo particular. “E para conseguilo é fundamental que sexamos capaces de facer un deseño das rutas renovador, atractivo e accesible para os que precisan máis facilidades. É dicir, que se adecúen ás necesidades e aos usos dos nosos días”, incidiu.

 

Nesta liña, e logo dun primeiro proceso de información pública sobre as bases que guían este plan, Feijóo subliñou que a comezos do vindeiro ano someterase a información pública o novo mapa de liñas de autobús, coa previsión de que os servizos comecen a funcionar a finais de 2019. “Para iso, imos seguir dialogando con todos os actores implicados sobre cada paso adiante que se dea. Como fixemos ata agora e logrando o máximo consenso, como conseguimos a semana pasada ao obter o visto e prace a este plan por parte do Consello Galego de Transportes, órgano no que están representados todos os axentes con intereses no sector”, engadiu.

 

Ao respecto, lembrou que nos últimos meses xa se fixo un exhaustivo estudo no que se analizaron as necesidades de transporte, contando coa máxima colaboración dos concellos, tendo en conta os centros educativos e sanitarios. Realizouse un amplo despregamento de enquisas en paradas de autobús, estacións e centros tractores de demanda, como polígonos empresariais, centros administrativos, ou universidades; e, igualmente, contarase na definición final das liñas e das paradas cos puntos de transbordo con outros medios de transporte, con especial atención ás novas estacións intermodais.

 

Por outra banda, as liñas de autobús que operarán en Galicia na vindeira década clasificaranse en catro grupos: autonómicas, intercomarcais, comarcais e municipais. 


Máis aló dun deseño das rutas moderno e útil para os galegos de hoxe e de mañá, o responsable do Goberno autonómico incidiu en que tamén é fundamental lograr que ese modelo sexa atractivo e accesible a todos. Así, garantiranse, por exemplo, as máximas facilidades para os mozos, coa gratuidade das viaxes para menores de 19 anos que se aplica a través da tarxeta Xente Nova nas liñas interurbanas metropolitanas.

 

E, para garantir o acceso igualitario dos galegos ao transporte público porase en marcha un sistema de prezos máis homoxéneo, é dicir, haberá un sistema de tarifas único en toda Galicia, que se calculará en función da distancia que haxa entre a orixe e o destino do viaxeiro –non en función dos quilómetros que faga o bus-.

 

Igualmente, estenderanse a todas as rutas os beneficios asociados ao Transporte Metropolitano que xa funciona hoxe en 5 contornos urbanos, de tal xeito que en todas as liñas os usuarios habituais poderán ter descontos do 40-50%, o que se traduce en aforros de ata 1.000 euros ao ano.

 

Outra novidade é que o plan aprobado hoxe asume ademais a axenda do Goberno galego en relación coa atención prioritaria ás necesidades do rural. E, nesta liña, garántense os servizos nas zonas con poboación máis dispersa, mediante a ampliación dos sistemas baixo demanda e de autobús compartido, permitindo o uso das prazas de ata o 50% das rutas escolares, multiplicando deste xeito a cobertura territorial do transporte público.

 

Por outra banda, nas zonas metropolitanas procurarase un sistema máis racional para a prestación dos servizos, evitando as limitacións administrativas derivadas dos dereitos exclusivos de tráfico e fomentando a colaboración entre concesionarios urbanos e inteurbanos.


No eido das prestacións, os criterios de adxudicación dos novos contratos primarán a calidade sobre a oferta económica, e especificamente incluirán a renovación da frota. E tamén se terá en conta que se dean facilidades de acceso ás persoas con mobilidade reducida e que se xeneralicen as novas tecnoloxías que faciliten información aos usuarios.

 

Por último, o novo modelo de transporte público contribuirá ademais á aproveitar a gran oportunidade que representa para o país o Camiño de Santiago e a próxima celebración do Xacobeo 2021. “O incremento de viaxeiros asociado ao Camiño de Santiago será considerado nos contratos unha razón de interese público que poderá obrigar a reforzar os servizos; e articularase unha nova liña desde o aeroporto de Lavacolla ata Pedrafita”, avanzou.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress