Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de noviembre de 2018 | Leída 6 veces
CAMBRE

Cambre aumenta os seus servizos para atender ás mulleres vítimas de violencia de xénero

O concello de Cambre, a pesar de non dispoñer dun Centro específico de información á muller, creou unha serie de servizos recollidos no II Plan de Igualdade Municipal para a atención integral de mulleres vítimas de violencia de xénero...

Segundo a concelleira de Igualdade, María Jesús Gómez, destaca entre estes servizos a información, atención e asesoramento na unidade de Traballo Social (atención inmediata), a atención psicolóxica individual, o servizo de asesoría xurídica (Consorcio  As Mariñas), o aloxamento alternativo (Convenio casas de acollida), o curso de  autoprotección, defensa persoal e control do estrés, a terapia asistida canina, para mulleres e os seus fillos e fillas, vítimas de violencia de xénero, a terapia psicolóxica de grupo de apoio, ou a orientación laboral específica (Fundación Amigos de Galicia).

 

O último servizo en poñerse en marcha, é o servizo de atención psicolóxica, dentro do Proxecto  Amainar II,  ponse en marcha para a atención das mulleres  victimas de violencia machista, e dirixido tamén a aquelas que teñen dúbidas á hora de interpoñer demanda.

 

As sesións serán individuais, e as mulleres poderán ser atendidas en horario de mañá ou de tarde. As citas serán dadas directamente pola psicóloga a través da listaxe de vítimas existente. Posteriormente, a propia psicóloga irá derivando aos grupos de apoio.

 

A intervención psicolóxica tanto individual como  grupal, será gratuíta para todas as mulleres atendidas.   Os obxectivos da intervención psicolóxica é lograr que a muller vítima comprenda o proceso da violencia, como primeiro paso cara a súa desvitimización. Tamén, traballar sobre as consecuencias do proceso de violencia, favorecer a reconstrución da autoestima, orientar a procura de apoio social e a reconstrución das súas redes sociais, fomentar as condutas de independencia e autonomía, apoiar e orientar á muller no proceso de reestruturación persoal que debe afrontar, e potenciar a escoita activa das mulleres asistentes.

 

A atención individualizada realizarase no departamento de Servizos Sociais pola psicóloga colexiada dona Beatriz Guerra García (especialista en igualdade e violencia de xénero con ampla experincia en atención psicolóxica en Centros de Información ás Mulleres).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress